Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E UNHA VINTENA DE ASOCIACIÓNS ORGANIZAN OS ACTOS DO PROGRAMA "UN MUNDO CHEO DE DIVERSIDADE"
A concelleira de Participación Cidadá e Acción Social, Catalina García, avanzou as actividades que se levarán a cabo na cidade ata o 13 de decembro
Narón, 6 de decembro de 2019. Unha gran variedade de propostas centrarán a vindeira semana os actos do programa “Un mundo cheo de diversidade”. O Concello de Narón e un total de dezanove asociacións organizan un ano máis esta iniciativa, con propostas vencelladas á inmigración, á diversidade funcional e contra a violencia de xénero, tal e como explicou a concelleira de Participación Cidadá e Acción Social, Catalina García. As áreas de Ensino e o Padroado da Cultura de Narón implicáronse tamén no deseño das actividades que se levarán a cabo ata o vindeiro venres, 13 de decembro, en varias instalacións da cidade. Unha das propostas, tal e como indicou García, é unha exposición fotográfica, a cargo de tres entidades que presentan as súas propias imaxes e que se poden ver ata o día 13 de decembro nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. “Todos somos migrantes” é o título da mostra da asociación Movilidad Humana; “25 anos Teimando” o da realizada por Teima Down e “Un mundo cheo de cores” é a presentada por Aspaneps. O programa “Un mundo cheo de diversidade” inclúe ademáis sesións de cine-forum, con entrada de balde e dirixidas a todo tipo de público, que rematarán con un pequeno debate tras cada proxección. A primeira das citas será o martes día 10 no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro, donde entre as 18.00 e as 20.00 horas se proxectará a película “Hasta la vista”. O mércores día 11 haberá dúas proxeccións, a primeira delas ás 10.30 horas no Pazo da Cultura, donde se poderá ver “Campeones”, e a segunda entre as 20.00 e as 22.30 horas no Centro Cívico Social de Xuvia, coa película “La familia Bélier”. A última das sesións de cine-forum será o xoves día 12, no Centro Cívico Social do Val, entre as 16.00 e as 18.30 horas, donde se poderá ver “Intocable”. A convocatoria final terá lugar o venres día 13, cunha xornada de sensibilización nas instalacións do Centro Comercial Odeón, de 17.00 a 19.00 horas. As persoas que acudan poderán ver unha mostra de traxes do mundo; actuacións musicais e bailes do mundo; participar na montaxe dun puzzle xigante e sacar fotos nun photocall preparado para a ocasión e, a maiores, tal e como avanzou García, gozarán dunha sorpresa final. No deseño deste programa colaboraron: Teima Asociación Síndrome de Down, a Asociación Galega de Lupus, Aspanaes, Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, o Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas, as AVV “Os Irmandiños”, do Val, “Altea”, de Xuvia e a do Alto, a Asociación Cultural ASCM, a Asociación Movilidad Humana, Aspanemi, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, Aspaneps, Ágora Narón, Affinor, Cogami, a Asociación de Senegaleses, Nuestra Señora de Chamorro e Vida Activa. A maiores, tamén se implicaron o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e o Centro Comercial Odeón. Catalina García agradeceu “a colaboración e implicación de todas as persoas que participaron no deseño do programa de “Un mundo cheo de diversidade” e animou ás veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos da comarca "a participar nestas actividades, respaldando a integración plena na sociedade e a igualdade entre diferentes colectivos e culturas”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal