Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA "INFORMÁTICA DIVERTIDA" QUE SE IMPARTIRÁ NA AULA CEMIT DE XUVIA
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA
A edil de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, explicou que se ofertan quince prazas para a Aula Cemit e dez para cada parroquia do rural
Narón, 8 de decembro de 2019. O Concello abrirá mañá o prazo de inscrición no programa municipal educativo INDI (Informática Divertida). A edil de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que o prazo para poder anotarse nas sesións que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia –un total de quince prazas e 28 horas- manterase aberto ata o día 18 deste mes. As sesións diríxense a rapazas e rapaces de 8 a 12 anos empadroados en Narón e impartiranse entre o 23 de decembro e o 3 de xaneiro (os días 25 de decembro e 1 de xaneiro non haberá actividade) entre as 10.00 e as 13.30 horas de luns a venres. A actividade ofreceuse tamén dende o Concello na zona rural, donde se ofertan prazas –dez por entidade- nos centros cívicos sociais de Castro, San Xiao, Sedes, San Mateo, na Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña (Pedroso), en Doso e no Val.
Os participantes aprenderán a programar con Minecraft e Star Wars e tamén Programación con bloques, a realizar tarxetas de Nadal con Gimp e a elaborar Cómics dixitais. As inscricións para a Aula Cemit de Xuvia tramítanse a través do Rexistro Municipal, de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30 horas e o formulario de solicitude está dispoñible no Rexistro Xeral e na Sede Electrónica do Concello. Así mesmo, no caso da zona rural as inscricións tramitaranse nas propias entidades veciñais de cada parroquia. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, sendo preciso na zona rural formar grupos cun determinado número de participantes para poder realizar a actividade.
As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao número de teléfono: 981 337 700 (extensións 1502 e 1123).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal