Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR A INSTALACIÓN DE POSTOS NO "XI MERCADO DE SEGUNDA MAN"
A convocatoria desenvolverase o vindeiro domingo día 15, na Praza de Galicia e haberá un máximo de setenta postos que se concederán por orde de inscrición, tal e como indicou o edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego
Narón, 9 de decembro de 2019. As persoas interesadas en instalar postos de venda na undécima edición do Mercado de Segunda Man que se celebrará este domingo na Praza de Galicia dispoñen de prazo ata o vindeiro mércores, día 11, para facelo. O concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, recordou que está prohibida a venda de artesanía, animais, produtos alimenticios e bebidas, así como a participación de comerciantes e vendedores ambulantes, ao tratarse dunha convocatoria dirixida a particulares. Este Mercado de Segunda Man abrirá as súas portas de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. En total habilitaranse setenta postos, que se concederán por rigorosa orde de solicitude e que deben solicitarse a través do Rexistro Xeral do Concello, por correo certificado ao Rexistro entregando a instancia de solicitude ou a través da Sede Electrónica do Concello de Narón. Para poder acceder a algún dos postos –de balde- é preciso que os solicitantes entreguen un mínimo de catro quilos de alimentos non perecedoiros ou produtos de limpeza, que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal