Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO A "FESTA DO APEGO"
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO A
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que se trata dunha convocatoria para familias con fillos e fillas de 0 a 6 anos e coa que se pecha a programación anual do programa Apego na cidade
Narón, 10 de decembro de 2019. Os nenos e nenas de 0 a 6 anos e as súas familias son os destinatarios da Festa do Apego, unha xornada de música, contos e xogos que terá lugar o vindeiro sábado, día 14, no Auditorio municipal. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que o Concello organiza un ano máis esta convocatoria, enmarcada no programa Apego (de socialización de nenas e nenos en galego), a través do Servizo de Normalización Lingüística de Narón.
A programación deseñada para esta convocatoria desenvolverase en horario de mañá e tarde, entre as 11.00 e as 19.00 horas, tal e como apuntou a edil. Pola mañá, ás 11.30 terá lugar o primeiro pase de “A tropa de trapo”, con Barquiño de Pau, e que continuará cun segundo pase a partir das 13.00 horas. Así mesmo, ás 12.30 horas Bea Campos protagonizará o espectáculo “Os contos da cesta de Carapuchiña”. Será tamén Bea Campos quen con esa mesma proposta reanude a programación pola tarde, dende as 17.00 horas e para continuar ás 18.00 horas a festa con Magín Blanco e o seu espectáculo “Concertos coas músicas de Gatuxo”.
O programa completarase cun espazo de xogos para nenas e nenos, do que poderán gozar entre as 11.00 e as 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas no hall do Auditorio municipal.
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, animou ás familias de Narón con fillas e fillos de entre 0 e 6 anos a acudir a este evento, “para gozar todas e todos xuntos da Festa do Apego, unha xornada na que valoramos a través de múltiples propostas a lingua galega e coa que pechamos a programación que se realiza durante todo o ano na nosa cidade no marco do programa Apego”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal