Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO DESTINOU ESTE ANO UNHA PARTIDA DE 318.000 EUROS Á MELLORA DE VIAIS DA ZONA URBANA E RURAL
O CONCELLO DESTINOU ESTE ANO UNHA PARTIDA DE 318.000 EUROS Á MELLORA DE VIAIS DA ZONA URBANA E RURAL
O concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, valorou as actuacións levadas a cabo nunha vintena de viais das diferentes parroquias e tamén no polígono de Río do Pozo
Narón, 10 de decembro de 2019. O Concello de Narón rematará o ano cun investimento duns 318.000 euros na mellora de varios viais localizados tanto na zona urbana como na rural, tal e como indicou o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz. En total, según destacou, actuouse en preto dunha vintena de viais, e nos que, “priorizamos os traballos en función do estado no que se atopaban, co obxectivo de continuar realizando este tipo de obras o vindeiro ano noutros viais que tamén requiren de melloras no estado do firme”. A maiores desta vintena de viais reparouse o firme doutros ubicados no polígono de Río do Pozo, completando así o total das actuacións previstas durante o actual exercicio.
Na zona rural e urbana os traballos supuxeron un investimento duns 300.000 euros, unha partida coa que se repararán viais en Pedroso, San Xiao, Sedes, Castro, Freixeiro, O Couto –donde están traballando esta mesma semana-, O Alto, Piñeiros e A Gándara. “Debido ás previsións de mal tempo, estanse apurando as actuacións actualmente en execución co fin de que estean rematadas antes de que finalice o ano”, indicou Mauriz.
A maiores destas obras proxectadas nos diferentes barrios e parroquias, tamén o Concello investiu unha partida duns 18.000 euros na aglomeración de varios viais localizados no polígono industrial de Río do Pozo. Esta última actuación cofinánciase cunha subvención dunha liña de axudas da Consellería de Economía e Industria, ao igual que se fixo en anteriores ocasións, e suporá un investimento total nesa área de 89.113 euros.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal