Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN LOCAL COMPROMÉTESE A RESPALDAR AS REIVINDICACIÓNS DO COMITÉ DE EMPRESA DE NAVANTIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e representantes de todos os grupos da corporación local -TEGA, PSOE, PP e BNG- reuníronse co colectivo e coincidiron na importancia de demandar carga de traballo para o asteleiro
Narón, 16 de decembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e representantes de todos os grupos políticos da corporación local –TEGA, PSOE, PP e BNG- reuníronse esta mañá con persoal do Comité de Empresa de Navantia e sumáronse ás reivindicacións do colectivo, que solicita a construción dun novo buque AOR para a Armada Española para paliar o período de inactividade previsto no astaleiro da ría entre xullo de 2020 e xaneiro de 2022, cando se prevé o inicio da construción das F-110. Ferreiro e o resto de representantes dos grupos da corporación amosaron o seu apoio ás peticións do colectivo e comprometéronse a acompañalos nas reunións que manterán tanto na Xunta de Galicia como no Parlamento para abordar esta situación. Así mesmo, dende o Concello de Narón colaborarase co colectivo na campaña de recollida de sinaturas que se mantén ata o día 15 de xaneiro –para poder presentalas nas citadas xuntanzas- e solicitarase a colaboración do movemento asociativo de Narón para que respalde tamén esa campaña, así como outras entidades ou persoas que queiran facelo a título particular. Os representantes do Comité de Empresa de Navantia destacan o papel da empresa –e das compañías auxiliares- na xeración de riqueza, emprego e benestar social, “do que se benefician todos os sectores: comercial, industrial, servizos e, en definitiva, toda a economía da zona”, tal e como aseguran. Na actualidade, explicaron, están en nova construción dous buques AAOR donde traballa persoal de Navantia e uns 1.300 operarios da industria auxiliar. A finais de xaneiro do vindeiro ano entregarase o primeiro destes buques e en xullo de 2020 o segundo, co que dende ese último mes ata que se inicien as F-110 (dous anos) non se prevé actividade no estaleiro. Por estas razóns, dende o Comité de Empresa solicitan a construción dun novo AAOR para a Armada Española, que aportaría carga de traballo para 32 meses “suplindo deste xeito o período de inactividade previsto para o centro de Ferrol”. Dende o colectivo aseguran que a construción podería realizarse de xeito inmediato porque a enxeñaría xa está feita e daríase continuidade ao resto de traballos precisos para o citado buque. A alcaldesa comprometeu o apoio do Concello naronés nas reivindicacións plantexadas, ao igual que fixeron o resto de representantes da corporación local.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal