Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO OBRADOIRO PARA PÚBLICO FAMILIAR E INFANTIL "IMOS CANTAR O NADAL"
A actividade celebrarase este xoves na Biblioteca municipal e aposta por recuperar os cantos e a petición do aguinaldo propios do Nadal
Narón, 17 de decembro de 2019. Os nenos e nenas a partir de 4 anos e as súas familias son os destinatarios do obradoiro participativo “Imos cantar o Nadal”, de recuperación dos cantos de Nadal e Reis. A cita terá lugar este xoves na Biblioteca municipal, e as persoas interesadas en acudir poderán inscribirse ata mañá ás 18.00 horas a través do correo electrónico: a.pita@naron.es. Así o explicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que recordou que as prazas se cubrirán por orde de inscrición e que é preciso facilitar no citado correo electrónico o nome da actividade, o nome e idade do menor que acudirá e o nome da nai, pai ou persoa que o acompañe, así como un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. O obradoiro dará comezo ás 17.30 horas e rematará sobre as 20.00. Taibo explicou que constará de tres partes, unha dunha hora de duración aproximadamente dun obradoiro de cantos de Nadal e Reis e de construción de instrumentos sonoros; outra doutra hora que consistirá nunha saída para cantar aos Reis e visitar establecementos comerciais do contorno para pedir o aguinaldo, e unha final de media hora de merenda conxunta cos aguinaldos que consigan os nenos e nenas. A edil de Ensino explicou que “os Cantos de Noiteboa, Aninovo e Reis son propios da época de Nadal da tradición oral galega, donde a xente se organizaba en cuadrillas e ía polas casas pedindo o aguinaldo aos seus veciños e veciñas, cantando a cambio deste aguinaldo co que ao rematar celebraban unha pequena festa, sendo ese mesmo o obxectivo do obradoiro “Imos cantar no Nadal”. Na actualidade, tal e como recordou Taibo, esta tradición estase perdendo, “pero grazas a moita xente anónima eses cantos fóronse recompilando, polo que debemos contribuír a recuperar esta tradición da nosa cultura propia destas datas e difundir este patrimonio cultural entre os nenos e nenas, implicándoos para darlle continuidade e evitar que caia no esquecemento”. Recoméndase acudir a esta actividade con roupa de abrigo e, no caso de que os participantes o teñan, acudan con algún instrumento musical. A Concellería de Ensino e Bibliotecas organiza esta actividade a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, tratándose dunha proposta do programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal