Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COFINANCIARÁ AS MELLORAS DE ACCESIBILIDADE DO CENTRO DE FORMACIÓN IRMÁS FROILAZ E UN PARQUE INFANTIL NO VAL CON CARGO AO POS+ 2020
O Concello de Narón recibirá una partida que, en conxunto, ascende a 661.692 euros que se destinará a obras e gasto corrente
Narón, 17 de decembro de 2019. O Concello de Narón aprobou esta mañá –cos votos favorables do bipartito TEGA-PSOE e dos edís do BNG e a abstención dos concelleiros do PP- nun pleno extraordinario as obras que se acometerán con cargo ao Plan Único de Concellos (POS+ 2020) da Deputación da Coruña. O Consistorio recibirá unha partida de 661.692 euros, ao non solicitar o préstamo provincial que se contempla neste Plan. Do total da partida que percibirá Narón 532.760 euros destinaranse a gasto corrente, mentres que os 128.932 euros restantes serán para acometer dúas obras. O concelleiro de Xestión Orzamentaria, Román Romero, explicou que unha das actuacións contempladas é a mellora da accesibilidade do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, cun investimento de 100.972 euros dos que a administración provincial achegará a través do POS+ 2020 un total de 89.185 euros e a local os 11.787 euros restantes. Así mesmo, Romero indicou que se procederá a construír un novo parque infantil na parroquia do Val, uns traballos que suporán un desembolso de 45.000 euros, dos que a Deputación da Coruña aportará 39.746 e o Concello os restantes 5.253. O Concello xa incluíu no orzamento correspondente ao vindeiro ano as achegas necesarias para facer fronte á parte do gasto que asumirá para levar a cabo as dúas obras previstas. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, defendeu o compromiso da Deputación da Coruña cos concellos en xeral e co de Narón en particular, recordando que “cando gobernaba o PP non había nin un peso para este concello” En canto ao gasto corrente, contémplase o pago de facturas que, tal e como explicou Romero, se presentaron con retraso e serán aboadas trala aprobación do gasto con cargo ao POS+ 2020.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal