Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRE O TRÁMITE DE AUDIENCIA EN CATRO NORMAS INCLUÍDAS NO PLAN NORMATIVO DE 2020
O CONCELLO ABRE O TRÁMITE DE AUDIENCIA EN CATRO NORMAS INCLUÍDAS NO PLAN NORMATIVO DE 2020
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que dende hoxe ata o 31 deste mes se poderán plantexar suxerencias a través da plataforma municipal "Narón Participa"
Narón, 17 de decembro de 2019. O Concello de Narón abre hoxe o prazo, e ata o vindeiro 31 de decembro incluído, para que as veciñas e veciños poidan presentar suxerencias a catro normas incluídas no Plan Normativo 2020 a través da plataforma “Narón Participa” (www.naronparticipa.es). Este trámite de consulta previa, previo á elaboración dun borrador sobre as devanditas normas, realizarase sobre o Regulamento dos Centros Comunitarios Integrados Manuela Pérez Sequeiros e Vivendas da Mariña, ambos do Concello; o Regulamento do Centro de Día; a Ordenanza reguladora da expedición de licencias de vao e de reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase e a Ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que este é o cuarto ano consecutivo no que se poden participar a través da plataforma “Narón Participa” na planificación, elaboración e evaluación da normativa municipal. Así mesmo, a edil explicou que as catro normas xurídicas sobre as que se poden presentar suxerencias seleccionáronse dacordo coas necesidades plantexadas polos servizos administrativos municipais.
O Regulamento dos centros comunitarios municipais e o Regulamento do Centro de día das Vivendas da Mariña, debe adaptarse aos cambios que se produciron na normativa autonómica sobre as competencias sobre este tipo de instalacións. O Concello iniciou os trámites para o contrato de concesión do servizo de xestión, organización e funcionamento de ambos centros (Manuela Pérez Sequeiros e Vivendas da Mariña) e é preciso modificar a actual normativa para adaptala ás novas necesidades.
A aprobación dunha nova ordenanza reguladora de expedición de licencias de vao e de reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase, obedece á necesidade de harmonizar o seu texto tras a aprobación de varias modificacións e incorporar, no seu caso, outras situacións fácticas e solucións demandadas pola cidadanía.
Por último, a Ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, será novamente redactada en función das pautas establecidas pola Dirección Xeral de Tráfico en relación cos peóns, ciclistas e vehículos de mobilidade persoal; a irrupción do patinete eléctrico no ámbito urbano e outros cambios lexislativos que afectan a ciclistas.
García explicou que unha vez elaboradas as normas polos correspondentes departamentos municipais publicarase o borrador desas catro normas e abrirase de novo un proceso participativo de audiencia para que as persoas interesadas poidan realizar aportacións no caso de consideralo oportuno. Rematado o proceso, e antes de outubro do vindeiro ano, procederase á súa aprobación inicial (habilitando un prazo dun mes para alegacións) e posteriormente a aprobación definitiva, quedando incorporadas no acervo normativo do Concello de Narón.
García animou á veciñanza a participar e indicou que tamén se pode acceder á plataforma municipal “Narón Participa” dende a páxina web do Concello –www.naron.es- ou do Portal de Transparencia municipal. Poden participar no proceso as persoas maiores de 16 anos empadroadas en Narón ou que acrediten a condición de interesados/as e tamén as organizacións e asociacións legalmente constituídas e potencialmente afectadas, tal e como recordou a concelleira de Participación Cidadá.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal