Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A "XI XORNADA MOTEIRA SOLIDARIA" E O "ROCK NARÓN" COMPLETAN A PROGRAMACIÓN DE NADAL NA CIDADE ESTA FIN DE SEMANA
A
As concelleiras de Festas, Natalia Hermida, e Benestar Social, Catalina García, presentaron os dous eventos xunto co presidente do Moto Club Fojeteiros, José López Quintián
Narón, 18 de decembro de 2019. As edís de Festas e Benestar Social, Natalia Hermida e Catalina García, respectivamente, presentaron esta mañá xunto con José Antonio López Quintián, presidente do Moto Club Fojeteiros dous dos actos enmarcados no programa Narón Nadal 2019 que terán lugar este mesmo sábado. Unha das propostas dirixidas á veciñanza será unha nova edición, a undécima, da Xornada Moteira Solidaria, e outra o festival Rock Narón. As edís naronesas animaron á cidadanía a gozar destas dúas citas e tamén doutras múltiples propostas do programa Narón Nadal 2019 que se sucederán esta fin de semana.
A “XI Xornada Moteira Solidaria”, organizada co Moto Club Fojeteiros, dará comezo ás 16.30 horas, cando partirá da Praza de Galicia un grupo de moteiros e moteiras que irán a buscar a Papá Noel pola estrada de Castela –percorrendo Santa Icía, A Gándara, O Alto e Xuvia-, que a partir das 17.30 horas recibirá aos nenos e nenas. Papá Noel virá tamén nunha das motos, acompañado dunha comitiva que se reunirá na Praza de Galicia. Os moteiros e moteiras que acudan con roupas ou elementos ornamentais propios do Nadal recibirán unha consumición de balde e aquelas persoas que entreguen un quilo de alimentos non perecedoiros ou un xoguete, para doar ao Centro de Recursos Solidarios de Narón –tamén se poderá entregar roupa-, serán convidados a un chocolate, tal e como indicou López Quintián, que agradeceu a colaboración do Concello.
Ás 22.00 horas comezará na Praza de Galicia “Rock Narón”, unha das citas tradicionais en Narón que se desenvolverá baixo unha gran carpa instalada na Praza de Galicia. A entrada é de balde e actuarán os grupos Alma de Piedra, Black Jack e Claxxon.
A fin de semana inclúe a maiores o Concerto de Nadal Solidarium, o día 21 a partir das 12.30 horas no Auditorio municipal e no que actuarán o Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos, o Coro Da Capo Solidarium do Concello de Narón e o Coro Peque Solidarium do Concello de Narón. Para asistir deberanse coller as invitacións que se entregarán na billeteira do Auditorio a partir das 11.30 horas. Esta proposta terá tamén un fin solidario e recolleranse alimentos non perecedoiros para entregar ao Centro de Recursos Solidarios.
No referente ás propostas do Pazo da Cultura, haberá espectáculos dende o venres ata o domingo. A primeira cita, o venres, será con “El Pekemusical de Navidad”, da compañía Tertulia Producciones e que comezará ás 18.00 horas. O sábado 21 terá lugar o concerto de presentación de “Noró”, o novo traballo de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, ás 20.00 horas e o domingo 22 ás 19.00 un concerto de música góspel con The Mississipi mas Choir. As entradas para cada un dos espectáculos poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Entre a programación municipal tamén continuarán os obradoiros de “Prazas Vivas”, este venres en Xuvia, no paseo marítimo (ou no Centro Cívico Social en caso de mal tempo) e o sábado en Freixeiro, no parque do río (en caso de choiva no Centro Cívico do barrio). En ambos casos as actividades –obradoiros de graffiti, de chapas, globoflexia, pintacaras, decoración de carrozas da Cabalgata Solidaria…- serán de 16.30 a 18.30 e diríxense ao público en xeral.
Na xornada de mañá xoves entre as 17.30 e as 20.00 horas terá lugar o obradoiro “Imos cantar o Nadal”, na Biblioteca Municipal, con nenas e nenos a partir de 4 anos e que participarán en obradoiros de recuperación dos cantos de Nadal e Reis e construción de instrumentos para, finalmente, pedir o aguinaldo por establecementos da zona. Outro obradoiro, “Non quedes na casa no Nadal” comezará o sábado na Casa da Mocidade, na Gándara, con obradoiros para mozas e mozos de 13 a 18 anos. En ambos casos é necesaria inscrición previa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal