Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA NOVA SAÍDA PARA RECOLLIDA DE REFUGALLOS NA ZONA RURAL E UN OBRADOIRO DE RECICLAXE NO LOCAL DA AVV VIRXE DO MAR
As actividades enmárcanse en programas de concienciación e sensibilización cidadá para fomentar a reciclaxe e o coidado do medio ambiente, tal e como indicou o edil Santiago Galego
Narón, 18 de decembro de 2019. O Concello colabora co Club NHD Adventure nunha nova cita das Xornadas de Concienciación Medioambiental que terá lugar este sábado, día 21, para recollida de refugallos nas parroquias de San Mateo e O Val. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, explicou que a cita dá continuidade á celebrada o pasado sábado, día 14, nas parroquias de Sedes, Pedroso e Castro e na que se recolleron, indicou, uns 1.250 quilos de refugallos, entre eles neumáticos, plásticos, restos de mobles, aparellos eléctricos, escombros e colchóns. Os participantes, que deben anotarse ata mañá como data límite –nos teléfonos 653 835 363 ou 619 581 379- e sairán da gasolineira de Ortegal Oil de Río do Pozo ás 9.00 horas, para realizar o percorrido previsto ata as 14.00. O traxecto realizarase en vehículos todoterreo por camiños de San Mateo e O Val, que irán con remolques para poder cargar os refugallos que atopen e depositalos despois no Punto Limpo de Río do Pozo para o seu tratamento. Galego destacou o éxito da anterior convocatoria “tanto a nivel de participación como no volume de recollida” e agradeceu o traballo de todas as persoas que colaboraron nestas xornadas. Así mesmo, animou á cidadanía á sumarse a esta nova proposta para continuar concienciando á poboación sobre a importancia de erradicar as condutas de determinadas persoas que depositan refugallos en zonas que non están habilitadas para tal fin. Así mesmo, dentro do programa “Narón en transición”, tamén dependente da Concellería de Medio Ambiente, convocouse para este sábado, día 21, un obradoiro de reciclaxe dirixido a nenas en nenos e ás súas familias. O edil responsable da área indicou que se impartirá nas instalacións da AVV Virxe do Mar entre as 11.00 e as 13.00 horas e explicou que é preciso inscribirse previamente na ANPA do centro ou a través do seu correo electrónico: anpavirxedomar@gmail.com antes deste venres, día 20. Os participantes terán a oportunidade de practicar a correcta separación do lixo, coñecer que é a compostaxe, aprender a reutilizar e implicarse nun obradoiro de reciclaxe de papel.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal