Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO OFRECE AOS COMERCIOS LOCAIS ETIQUETAS ADHESIVAS CON LEMAS EN GALEGO PARA COLOCAR NOS AGASALLOS
As etiquetas deben solicitarse a través do Servizo de Normalización Lingüística de Narón, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo
Narón, 18 de decembro de 2019. O Concello de Narón pon un ano máis a disposición dos establecementos comerciais da cidade etiquetas adhesivas escritas en galego para colocar nos envoltorios dos agasallos que merque a clientela nestas datas de Nadal. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que a iniciativa realízase coincidindo coa campaña municipal “Comercio de Narón, en Nadal e sempre” e en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística. As etiquetas adhesivas, tal e como explicou a edil, poden solicitarse, así como asesoramento lingüístico ou formación para empregar nos seus negocios, a través do Servizo de Normalización Lingüística de Narón, no quinto andar do Concello, a través do correo electrónico a.pita@naron.es ou chamando ao número de teléfono: 981 337 700 (extensión 1516). As etiquetas adhesivas entréganse de modo gratuíto e teñen diferentes lemas, como “Cos meus mellores desexos”, “Parabéns”, “Quérote”, entre outros. “A finalidade desta iniciativa, que levamos a cabo dende o ano 2016, é animar ao pequeno comercio da cidade a empregar a nosa lingua na atención ao público e tamén a través da publicidade, cartelería, rótulos, redes sociais… a modo de valor engadido á calidade, proximidade e autenticidade dos pequenos establecementos comerciais de Narón”, subliñou Taibo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal