Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO COLABORA COA AGRUPACIÓN DE LIBREIROS DE FERROLTERRA PARA ELIMINAR O USO DE BOLSAS DE PLÁSTICO
O CONCELLO COLABORA COA AGRUPACIÓN DE LIBREIROS DE FERROLTERRA PARA ELIMINAR O USO DE BOLSAS DE PLÁSTICO
O Consistorio colabora coa entrega dun millar de bolsas de material reutilizable na campaña "Protexamos as librarías de barrio, protexamos o medio ambiente", tal e como explicou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita
Narón, 19 de decembro de 2019. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou hoxe ao presidente da Agrupación de Libreiros de Ferrolterra, Antonio Martínez, bolsas de material reutilizable para contribuír á campaña iniciada polo colectivo baixo o lema “Protexamos as librarías de barrio, protexamos o medio ambiente”. Esta campaña lévase a cabo durante o Nadal, coincidindo coa de promoción de comercio de proximidade, tal e como indicou Pita. O Concello adquiriu un milleiro de bolsas que se entregaron ao representante da Agrupación de Libreiros de Ferrolterra para a súa distribución entre a clientela que realice compras nestes establecementos.
Entre os obxectivos desta iniciativa, tal e como indicou o edil, está “apoiar ao pequeno comercio e, ao tempo, concienciar á cidadanía sobre a importancia de coidar o medio ambiente, finalidade para a que se entregan estas bolsas para evitar e eliminar as realizadas con material plástico das librarías”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal