Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO MANTÉN ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR ACHEGAS AO CONTRATO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
O CONCELLO MANTÉN ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR ACHEGAS AO CONTRATO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
A edil de Benestar Social, Catalina García, reunirase mañá en Santiago con responsables da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con discapacidade
Narón, 19 de decembro de 2019. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazarase mañá a Santiago de Compostela para manter unha xuntanza con responsables da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con discapacidade. A rexedora local solicitou en varias ocasións unha entrevista coa conselleira de Política Social, Fabiola Martínez, para abordar diferentes temas de interese para Narón vencellados a esa área, pero finalmente dende a citada Consellería derivaron a xuntanza á Dirección Xeral de Maiores e Persoas con discapacidade.
Na xuntanza plantexaranse asuntos como a necesidade de mellorar diversas cuestións sobre o funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar e a posibilidade de acometer novas actuacións nesta materia na cidade.
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, recordou que na plataforma municipal “Narón Participa” (www.naronparticipa.es) está actualmente o informe de necesidade e o prego técnico do expediente para a contratación do Servizo de Axuda no Fogar. O documento está en fase de recollida de propostas, que se poderán formular ata o vindeiro 31 de decembro. A edil naronesa instou ás persoas interesadas a realizar as achegas que consideren oportunas no prazo estipulado para tal fin. Este servizo presta atención ás necesidades da vida diaria na modalidade de dependencia e de libre concorrencia e nos documentos que se poden consultar na citada plataforma establécese a distribución do orzamento por anualidades, defínese aos usuarios e usuarias, as prestacións do contrato, os medios persoais para o funcionamento do servizo, a súa organización e funcionamento e a prestación efectiva do mesmo, entre outras cuestións.
García animou ás persoas que o consideren oportuno, e mesmo aos edís populares que esta mesma semana se pronunciaban sobre o asunto, a realizar achegas para, entre todas e todos, definir as futuras características e condicións deste servizo dirixido ás veciñas e veciños de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal