Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
"ROCK NARÓN", A "FESTA DE FIN DE ANO E BENVIDA DO ANINOVO" E A "CABALGATA SOLIDARIA", ENTRE AS PROPOSTAS FINAIS DO PROGRAMA "NARÓN NADAL 2019"
As concelleiras de Festas, Natalia Hermida, e Benestar Social, Catalina García, presentaron esta mañá os últimos eventos do programa deseñado polo Concello
Narón, 27 de decembro de 2019. As concelleiras de Festas, Natalia Hermida, e Benestar Social, Catalina García, presentaron esta mañá no Concello os últimos eventos do programa “Narón Nadal 2019”, que rematará o vindeiro 5 de xaneiro. Hermida recordou unha das propostas xa anunciadas, o concerto “Rock Narón”, que estaba previsto para o pasado día 21 e que se suspendeu trala alerta vermella por temporal, incidindo en que terá lugar mañá sábado, de 22.00 a 01.30 horas baixo unha carpa na Praza de Galicia e con entrada de balde. “Alma de Piedra”, “Black Jack” e “Claxxon” son as agrupacións que amenizarán este concerto de música rock, xa tradicional no calendario festivo do Nadal de Narón.
Hermida indicou tamén que a vindeira semana terá lugar a festa de Fin de Ano e Benvida ao Aninovo, que dará comezo unha hora despois das campanadas do 31 de decembro, concretamente ás 01.00 horas. A cita, tamén con entrada de balde, será baixo a carpa da Praza de Galicia. “A orquestra Capitol será a encargada de abrir esta festa e a continuación actuarán dous DJs”, apuntou, explicando que este ano a celebración rematará ás 06.00 horas.
Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social, Catalina García, presentou o acto que pechará o programa de Nadal deste ano, a tamén tradicional Cabalgata Solidaria que se celebrará o 5 de xaneiro. Un ano máis, na Praza de Galicia recolleranse alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene para o Centro de Recursos Solidarios de Narón “e fomentaremos valores e boas prácticas tanto nos nenos e nenas como entre as persoas adultas”, subliñou. En canto ao desfile das carrozas da Cabalgata Solidaria a edil apuntou que este ano participan un total de once de barrios ou parroquias da zona urbana e rural de Narón, que estarán acompañadas por seis animacións sorpresa para facer máis vistoso o evento. O desfile abrirao a furgoneta do Centro de Recursos Solidarios de Narón e pecharao o equipo da Asociación de Bombeiros de Narón, agradecendo García a participación do Speis, e tamén o Rei Artabán, o rei da Solidariedade, que chegará con persoal do club Autos Clásicos Narón, ao que García tamén agradeceu a súa colaboración.
As carrozas da Cabalgata Solidaria están construídas con materiais reutilizados e reciclados e partirá ás 17.00 horas da zona de Xuvia (nunha parcela xunto á estrada de Castela, á altura da empresa Megasa). Ás 17.30 horas haberá unha parada musical e ás 18.00 interpretaranse panxoliñas comunitarias na rúa 25 de Xullo. A chegada da Cabalgata á Praza de Galicia está prevista para as 18.30 horas, cunha recepción institucional ás 19.00 e a tradicional mensaxe dos Reis Magos ás 19.10 e a mensaxe do Rei Artabán a continuación, sobre as 19.20 horas. Sobre as 19.30 comezará un espectáculo infantil e varias sorpresas e a despedida dos Reis Magos e do Rei Artabán será ás 21.00 horas.
Este ano poderanse ver na Cabalgata Solidaria as carrozas realizadas pola veciñanza da Gándara, Xuvia, O Couto, O Alto, Doso, San Xiao, A Solaina, Piñeiros, Freixeiro, O Val e San Mateo.
As concelleiras naronesas agradeceron a implicación das persoas que colaborarán nesta iniciativa e tamén nos obradoiros do programa municipal “Prazas Vivas”. Así mesmo, convidaron a todas e todos as veciñas e veciños de Narón e doutros concellos da comarca a gozar dos actos que se celebrarán na cidade nos vindeiros días.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal