Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
EVA CASTRO E ARÁNZAZU GARNELO, GAÑADORAS DAS DÚAS ÚLTIMAS CESTAS DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
EVA CASTRO E ARÁNZAZU GARNELO, GAÑADORAS DAS DÚAS ÚLTIMAS CESTAS DA CAMPAÑA
Unha veciña de Xuvia e outra de Ferrol recibiron as dúas últimas cestas sorteadas que entregou esta tarde no Concello o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 30 de decembro de 2019. A Libraría Galicia e o establecemento Bioreona acolleron o pasado venres, día 27, o sorteo das dúas últimas cestas con produtos de Nadal da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”. Nesta ocasión, as persoas afortunadas foron Eva Castro, veciña de Xuvia, e Aránzazu Garnelo, veciña de Ferrol. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou esta tarde as cestas –con produtos valorados en 150 euros cada unha delas- ás gañadoras, ás que felicitou polo agasallo e agradeceu a confianza depositada nos establecementos naroneses donde realizaron as súas compras para participar nesta iniciativa, impulsada polo Concello e na que colabora a Asociación de Comerciantes de Narón e tamén participan establecementos non adheridos a esta entidade.
A campaña sorteará tamén premios en metálico, un vale de 500 euros e dous de 300 euros, cuxa entrega está prevista para o vindeiro 13 de xaneiro. Participarán no sorteo as persoas que realicen as compras nos comercios adheridos a esta iniciativa e deberán gastar o importe do premio en alomenos tres dos citados establecementos.
Pita animou ás veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos a realizar compras nos pequenos comercios da cidade, donde novamente este ano teñen a oportunidade de optar a diferentes premios, concretamente aos vales dado que as catro cestas con produtos de Nadal xa as recibiron os gañadores dos sorteos celebrados.
Así mesmo, o concelleiro naronés destacou o éxito da campaña Navitrén, impulsada dende a Asociación de Comerciantes de Narón en colaboración co Concello, unha proposta que, tal e como apuntou Pita “tivo novamente un gran éxito de acollida nos catro días que estivo operativo, do 26 ao 29 de decembro, con algo máis de 1.200 persoas viaxando e chegando a esgotar os tickets na xornada de onte pola mañá”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal