Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UN TOTAL DE ONCE CARROZAS PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO NA CABALGATA SOLIDARIA QUE PECHA OS ACTOS DE NADAL NA CIDADE
UN TOTAL DE ONCE CARROZAS PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO NA CABALGATA SOLIDARIA QUE PECHA OS ACTOS DE NADAL NA CIDADE
A comitiva partirá ás 17.00 horas dunha parcela localizada nas inmediacións da estrada de Castela -á altura da empresa Megasa- e chegará ás 18.30 horas á Praza de Galicia
Narón, 3 de xaneiro de 2020. As once carrozas que participan este ano na Cabalgata Solidaria de Narón están construídas con materiais reutilizados e reciclados e con outros recursos aportados pola veciñanza. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, recordou que un ano máis, este evento terá un marcado carácter social para transmitir unha mensaxe colectiva afastada do consumismo e coa solidariedade entre as súas prioridades. A cita terá lugar este domingo, día 5, a partir das 17.00 horas, cando sairá a Cabalgata Solidaria de Xuvia –dunha parcela xunto á estrada de Castela, á altura da empresa Megasa-. De alí sairán os tres Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados polo Rei Artabán, o rei da solidariedade, e pola estrada de Castela dirixiranse á Praza de Galicia, donde está prevista a chegada ás 18.30 horas.
No traxecto cara ao Alto as carrozas participantes realizarán unha parada musical ás 17.30 horas –participará un grupo de percusión de Senegal, haberá pasarrúas e tamén un grupo de animación de circo e outras sorpresas-, e ás 18.00 protagonizarán unha interpretación de panxoliñas comunitarias na rúa 25 de Xullo, unha propia de cada carroza na que levarán tamén instrumentos musicais. Unha vez na Praza de Galicia, a partir das 19.00 horas terá lugar a tradicional recepción institucional e ás 19.10 dará comezo a mensaxe dos Reis Magos, que se dirixirán ás persoas que acudan ao evento. O rei Artabán falará a continuación, ás 19.20 horas e ás 19.30 na propia carpa da Praza de Galicia dará comezo o espectáculo infantil “Un Nadal solidario”, unha proposta á que, tal e como avanzou García, seguirán varias sorpresas. A despedida dos Reis Magos e do Rei Artabán será ás 21.00 horas, poñendo fin á Cabalgata Solidaria deste ano na cidade.
A concelleira de Benestar social indicou que a furgoneta do Centro de Recursos Solidarios será a encargada de abrir a comitiva da Cabalgata Solidaria, que pechará a Asociación de Bombeiros de Narón e o Rei Artabán, que virá coa Asociación de Autos Clásicos, todas elas debidamente decoradas para a ocasión.
En canto ás carrozas dos barrios e parroquias que participarán a edil naronesa apuntou que cada unha delas terá unha temática. A da Gándara será O DESxeo, para concienciar sobre o cambio climático; a de Xuvia, O Crebanoces e o rei dos ratos, referente á loita contra os estereotipos de xénero; no Couto, O Polar Express, que fomenta a amizade e o traballo en equipo; no Alto, As estreliñas, tamén sobre concienciación medioambiental e reciclaxe; en Doso, a temática é a de As Badaladas, en San Xiao coa ASCM, Os agasallos solidarios, para converter o consumismo destas datas en solidariedade da man do Rei Artabán; na Solaina, Solainenas e Solainenos nevados, sobre a necesidade de repartir de forma equitativa os bens básicos de consumo; en Piñeiros, Antigo cine, en referencia á historia deste barrio; en Freixeiro, O reino xeado, sobre o medioambiente; O Val, As nosas costas, sobre o fondo mariño e a loita contra a contaminación e San Mateo, Os paxes reais, en defensa do coidado dos animais e as mascotas.
O propio domingo, tal e como explicou Catalina García, poderase colaborar coa asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón a partir das 19.00 horas, nun espazo que se habilitará a tal efecto e no que se poderán doar alimentos (conservas, azucre, pasta, galletas, cereais, garavanzos, patacas, lentellas, arroz, fabas, chocolate, cacao…) e produtos de limpeza.
Finalmente, dende o Concello recordouse que coincidindo coa Cabalgata Solidaria, o domingo a partir das 17.00 horas e ata que as carrozas cheguen á Praza de Galicia estará prohibida a circulación pola estrada de Castela, no tramo comprendido entre as rúas Altea, en Xuvia, e 25 de Xullo, no Alto. O tráfico desviarase por rúas alternativas.
García agradeceu a implicación de todas as persoas que participarán este ano na Cabalgata Solidaria e valorou o traballo que realizaron dende o pasado mes de novembro e ata esta mesma semana, donde fixeron os últimos esforzos para a decoración das carrozas. Así mesmo, animou á veciñanza a achegarse a esta celebración que, avanzou, terá algunhas diferencias con respecto a anos anteriores.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal