Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ MAÑÁ O ACTO DE DISTINCIÓN DOS DEZ "USUARIOS E USUARIAS DE HONRA 2020"
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ MAÑÁ O ACTO DE DISTINCIÓN DOS DEZ
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, presidirá a convocatoria que se iniciará ás 12.00 horas na Biblioteca municipal do Alto e fará entrega de diplomas acreditativos e uns agasallos institucionais ás persoas homenaxeadas
Narón, 10 de xaneiro de 2020. A Biblioteca municipal do Alto acollerá mañá sábado o acto de distinción dos dez “Usuarios e usuarias de Honra 2020” das instalacións con motivo da celebración do Día dos usuarios e usuarias das bibliotecas, que se conmemora cada 11 de xaneiro.
“Éste é un acto moi importante para a Biblioteca municipal porque todos os veciños e veciñas de Narón son fundamentais para este servizo, e con este evento quérese recoñecer dende o Concello a activa participación e implicación destas persoas nas diferentes propostas impulsadas e desenvolvidas a través deste servizo”, segundo manifestou a concelleira delegada da área de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, quen presidirá a convocatoria que se iniciará ás 12.00 horas e na que se fará entrega dos diplomas acreditativos e uns pequenos agasallos institucionais ás persoas homenaxeadas.

Os cinco usuarios/as infantís que serán nomeados Usuarios/as de honra 2020 son:
• Samuel López Rodríguez
• Alicia Filgueira Pazos
• Briana Rodríguez García
• Carolina González Rodeiro
• Anxo Morado García

Os cinco usuarios/as adultos que serán nomeados Usuarios/as de honra 2020 son:
• Nuria Díaz Bravo
• Elisabeth Martínez Serantes
• José Trancón Ávila
• Consuelo Castro Rodríguez
• Antonio Méndez Pérez

A biblioteca municipal comezou a funcionar no ano 1986 no actual edificio da Casa da Cultura – nas inmediacións da estrada de Castela – e no ano 2003 inauguráronse as actuais instalacións, localizadas na rúa 25 de Xullo, a escasos metros do Concello. Na actualidade, arredor de dez mil persoas teñen a Biblioteca pública municipal de Narón como biblioteca de referencia; neste servizo ofrécese a posibilidade de lectura en sala, formación a usuarios e usuarias, préstamo a domicilio e hemeroteca, entre moitos outros.
O horario de apertura das instalacións durante a tempada de inverno é de luns a venres, de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal