Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 600 ALUMNAS E ALUMNOS DE NOVE IES ACUDIRÁN O MÉRCORES A UNHA CHARLA DE DIVULGACIÓN DA CIENCIA
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que a cita terá lugar nas instalacións do Pazo da Cultura, e anunciou que a ponente será Elena Vázquez, Decana da Facultade de Matemáticas da USC
Narón, 13 de xaneiro de 2020. O Pazo da Cultura de Narón acollerá este mércores, día 15, a charla “A auga, o sangue e o tráfico movéndose coas matemáticas da mesma familia”, na que intervirá como ponente Elena Vázquez Cendón, Decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, avanzou que un total de 643 alumnas e alumnos de institutos de Narón e doutros concellos da comarca acudirán a esta convocatoria, que se iniciará ás 11.30 horas e terá unha duración aproximada dunha hora, trala que se abrirá un turno de preguntas. O Concello de Narón colabora nesta convocatoria sobre divulgación da Ciencia, dirixida a alumnado de cuarto curso de ESO e de primeiro e segundo curso de Bacharelato de Ciencias. O IES Fene organiza o evento en colaboración cos IES naroneses de As Telleiras e Terra de Trasancos, tal e como recordou a edil de Ensino. A maiores de alumnado destes tres institutos tamén acudirán rapazas e rapaces matriculados nos institutos Cabo Ortegal, de Ortigueira; Fernando Esquío, de Pontedeume; Mugardos; Ferrol Vello, Concepción Arenal e Ricardo Carballo Calero, os tres últimos de Ferrol. O obxectivo desta charla é, tal e como indicaron dende a organización, “facer un percorrido pola historia da Matemática Industrial”. Con ese fin, indicaron, “compartiremos referentes galegos e internacionais que teñen feito valiosas aportacións neste ámbito das Matemáticas tan aplicado; amosaremos problemas resoltos desde Galicia e con colaboradores doutras universidades, proxectaremos o potencial da simulación numérica para resolver problemas de disciplinas moi diferentes coas mesmas ferramentas matemáticas”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal