Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ACOLLEU O ACTO DE ENTREGA DOS CATRO VALES DE COMPRA SORTEADOS NA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
O CONCELLO ACOLLEU O ACTO DE ENTREGA DOS CATRO VALES DE COMPRA SORTEADOS NA CAMPAÑA
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e Susana Oreona, en representación da Asociación de Comerciantes de Narón, entregaron esta tarde os premios
Narón, 13 de xaneiro de 2020. O Concello acolleu esta tarde o acto de entrega dos vales de compra da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, impulsada dende o Concello. Os gañadores dos catro vales, dous por importe de 500 euros e outros dous de 300 euros foron catro veciños e veciñas de Narón. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, foi o encargado de entregar os premios, xunto con Susana Oreona, representante da Asociación de Comerciantes de Narón.
Os vales de 500 euros recaeron en Germán Castrillón e María Isabel López, se ben os de 300 euros foron para María José Díaz e Roberto de la Fuente. En total o sorteo realizouse entre as aproximadamente 25.000 papeletas que a clientela dos establecementos adheridos á campaña –máis dun centenar da localidade- cubriu cos seus datos persoais e depositou nas urnas habilitadas para tal fin.
Os premiados cos vales deberán gastar o importe dos mesmos en alomenos tres comercios que participaron na campaña e disporán de medio día –cada un deles- para realizar esas compras.
A campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, iniciouse a principios do pasado mes de decembro e rematou o 5 de xaneiro. No marco da mesma repartíronse, a maiores dos premios entregados hoxe, catro cestas con produtos de Nadal, que se sortearon e se entregaron o pasado mes de decembro no Concello.
O concelleiro de Promoción Económica felicitou aos gañadores e gañadoras dos vales entregados esta tarde e tivo unhas palabras de agradecemento para a Asociación de Comerciantes de Narón, que se implica cada ano nesta iniciativa coa posta en marcha do “Navitrén” e tamén participando na campaña. Así mesmo, destacou o labor dos establecementos que, adheridos ou non a esta entidade, se sumaron á campaña. “O pequeno e mediano comercio de Narón ofrece á clientela múltiples posibilidades á hora de realizar as súas compras, cun trato propio deses comercios dos nosos barrios e que teñen á venda produtos moi variados e de excelente calidade”, asegurou Pita. Así mesmo, o edil naronés valorou a elevada participación da clientela nesta iniciativa “que contribúe a poñer en valor este tipo de establecementos da nosa cidade”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal