Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 670 ALUMNOS E ALUMNAS DE CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARTICIPAN NA SEGUNDA EDICIÓN DAS "OLIMPÍADAS ESCOLARES DE SEGURIDADE VIARIA"
O Concello organiza unha nova edición desta iniciativa, na que colabora a Confederación Nacional de Autoescuelas e na que participan rapazas e rapaces de nove centros de ensino de Narón
Narón, 15 de xaneiro de 2020. O Concello organiza a segunda edición das Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria nas que un ano máis colabora a Confederación Nacional de Autoescuelas (CNAE). Esta iniciativa impúlsase a través da Concellería de Seguridade Cidadá (equipo de Educación Viaria), á fronte da que está o edil Román Romero, e conta coa colaboración da de Servizos, presidida polo edil Ibán Santalla. Esta mesma mañá tiñan lugar as actividades enmarcadas na primeira fase con alumnado dos colexios de Piñeiros e Santiago Apóstol, e tamén se realizarán nos centros de ensino Virxe do Mar, Jorge Juan, Ayala, A Gándara, A Solaina, O Feal e Ponte de Xuvia. En total, tal e como indicou Romero, “algo máis de 670 rapazas e rapaces, concretamente 672, participarán nesta segunda edición das Olimpíadas Escolares organizadas polo Concello”. Un total de corenta e sete rapazas e rapaces de quinto e sexto curso de Primaria do colexio de Piñeiros participaron esta mañá, a partir das 9.15 horas e ata as 11.15, nunha charla sobre Medio Ambiente e outra sobre os tanques de tormentas, impartidas por persoal de Urbaser e da empresa Acuaes, respectivamente. Tamén esta mañá tivo lugar no colexio Santiago Apóstol unha charla sobre Seguridade Viaria, impartida por Sonia López, do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón e por Gabriel Ramos, directivo do club Clásico Bikeworks, á que acudiron medio cento de alumnas e alumnos de quinto de Primaria do citado centro. A duración de cada unha das charlas é aproximadamente dunha hora. A cita repetirase con outros alumnos e alumnas dos colexios Ayala, Virxe do Mar, Jorge Juan, Ponte de Xuvia, A Gándara, A Solaina e O Feal ata mediados do vindeiro mes de marzo, cando rematará esta nova fase das Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria. A maiores das temáticas abordadas hoxe nos dous colexios da cidade, tamén se impartirán outras sobre Patrimonio Cultural do Concello, tema sobre o que falará Pedro Caneiro, integrante do equipo de Educación Viaria do Concello; Matemáticas aplicadas ao programa de Educación Viaria e Inglés aplicado ao programa de Educación Viaria, estas dúas últimas a cargo de profesorado dos propios centros de ensino que participan nesta iniciativa municipal. “A primeira das fases destas olimpíadas será a formativa e ao remate da mesma o alumnado realizará un test no que se seleccionarán os grupos de escolares de cada curso que participarán na final prevista para o 17 de abril no Pazo da Cultura”, explicou Romero. O edil naronés indicou tamén que previamente, o 15 de abril, terá lugar unha xincana con bicicletas na Praza de Galicia, que será puntuable e na que os menores realizarán probas de habilidade sobre a bicicleta nun circuíto que se habilitará na citada ubicación. “Queremos agradecer a colaboración dos centros de ensino que se participan nesta iniciativa e tamén da Confederación Nacional de Autoescuelas e do persoal que imparte as charlas e, ao mesmo tempo, animar aos rapaces e rapazas a que gocen desta nova edición das Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria”, apuntou Romero.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal