Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHA VINTENA DE MULLERES QUE PARTICIPAN EN OBRADOIROS MUNICIPAIS VISITARÁN ESTA TARDE O TANQUE DE TORMENTAS DA GÁNDARA
UNHA VINTENA DE MULLERES QUE PARTICIPAN EN OBRADOIROS MUNICIPAIS VISITARÁN ESTA TARDE O TANQUE DE TORMENTAS DA GÁNDARA
O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, explicou que acudirán una vintena de mulleres ás que acompañará un técnico do programa municipal "Narón en Transición" e persoal de Acuaes
Narón, 22 de xaneiro de 2020. O programa municipal “Narón en Transición” celebrará esta tarde unha nova actividade. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, que acudirá á visita programada ao tanque de tormentas da Gándara, explicou que no marco das actividades de sensibilización medioambiental que se impulsan a través desta iniciativa, diferentes colectivos visitarán os tanques de tormentas ubicados na cidade.
Na primeira das visitas programadas participarán un total de vinte mulleres que acoden aos obradoiros municipais “Igualdade por medio da educación” e “Integración e xestión familiar”. No transcurso da visita desta tarde, ao tanque de tormentas da Gándara (nas proximidades do centro comercial Alcampo), un técnico do programa “Narón en Transición” acompañará ao colectivo, se ben será persoal da empresa Acuaes o que se encargará de realizar unha visita guiada polo interior das instalacións, ofrecendo as explicacións sobre o funcionamento das mesmas e tamén respostando ás posibles preguntas que se poidan formular durante o percorrido.
A visita desta tarde dará comezo ás 17.30 horas. “Trátase de dar a coñecer á cidadanía que é un tanque de tormentas, como funciona e o servizo que presta e que repercuten directamente na limpeza da auga que vai a parar á ría, de xeito que tamén sirva como concienciación sobre a importancia do respecto e coidado do medio ambiente”, subliñou Galego.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal