Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO PARA CONDENAR O ÚLTIMO ASASINATO POR VIOLENCIA DE XÉNERO
Representantes da corporación local, xunto con persoal do concello e veciñas e veciños de Narón, concentráronse diante do consistorio para amosar a súa repulsa ante un novo caso dunha muller asasinada por violencia de xénero
Narón, 27 de xaneiro de 2020. O Concello acolleu este mediodía, ás 12.00 horas, un novo acto de repulsa á violencia de xénero para condenar o asasinato, o sábado, dunha muller no concello lucense de A Pastoriza (Lugo), presuntamente a mans do seu home. O alcalde acc. Guillermo Sánchez Fojo estivo na concentración acompañado pola concelleira de Igualdade, Mar Gómez, representantes da corporación local, persoal funcionario e interino do concello e veciñas e veciños de Narón. As persoas asistentes gardaron un minuto de silencio para recordar as vítimas da violencia de xénero, para amosar as súas condolencias a familiares e amizades da muller asasinada e condenar esta lacra social. A maiores, como é habitual neste tipo de actos, desplegouse unha pancarta, que portaron representantes do goberno local, co lema “Narón contra a violencia de xénero”. Manuela Iglesias Fernández, de 79 anos, recibiu unha coitelada no seu domicilio na parroquia lucense de A Pastoriza, donde a atoparon morta xunto co seu home, tamén sen vida. Desde o Concello de Narón condenouse unha vez máis a violencia en xeral e, en particular, a de xénero, unha lacra social que é preciso erradicar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal