Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ASOCIACION DE MINUSVÁLIDOS RECIBE UNHA NOVA FURGONETA PARA TRANSPORTE ADAPTADO
O Alcalde e varios concelleiros asisten á entrega do vehículo, con capacidade para seis cadeiras de rodas.
Narón, 17 de Marzo de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, asistiu hoxe ó acto de entrega dunha furgoneta da Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM), cedida pola Obra Social de Caja Madrid. O rexedor naronés asistíu en calidade de invitado, toda vez que a firma do convenio que facilitou esta entrega se realizou no Concello o ano pasado. Tamén estiveron presentes o Concelleiro de Servizos Sociais Xerais, Miguel Hermida, a concelleira de Persoas Maiores, Mª del Carmen Espada, e a Tenente de Alcalde, Angeles Díaz. O presidente da ASCM, Angel Gárate, agradeceu ó Concello de Narón a colaboración que dende fai anos realiza a administración local con esta asociación, o que lle permitiu que “Narón sexa un referente no transporte adaptado en toda Galicia”; comentou. O Concello otorgou este ano un total de 80.000 euros dentro do programa de transporte adaptado ANTA, ademais dunha subvención de 15.000 euros para a compra dunha furgoneta de transporte adaptado, segundo lembrou o Alcalde de Narón. Os interesados neste programa de transporte adaptado, pensado para persoas con problemas de movilidade, poden solicitalo nas dependencias da ASCM (na Estrada de Castela, nº 256, baixo) ou no Servizo Sociocomunitario Municipal (situado na 1ª pranta do Concello). A furgoneta donada hoxe por Caja Madrid ten capacidade para seis cadeiras de rodas, ou nove prazas normais. Logo de comprobar o funcionamento do novo vehículo da ASCM, o Alcalde aproveitou para visitar as instalacións desta asociación en Narón, que conta entre as súas dependencias cun aula de informática e sala de masaxes.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal