Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA COA ASOCIACIÓN ÁUREGA UNHA CONFERENCIA SOBRE "PROTOCOLO DE ATENCIÓN EDUCATIVA ÁS ALTAS CAPACIDADES DE GALICIA"
O CONCELLO ORGANIZA COA ASOCIACIÓN ÁUREGA UNHA CONFERENCIA SOBRE
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo presentou o evento, que se desenvolverá este sábado, con Lara Caro e Begoña Ramos, integrantes de Áurega
Narón, 5 de febreiro de 2020. O Concello organiza a conferencia “Protocolo de atención educativa ás Altas Capacidades (AACC) de Galicia”, en colaboración coa Asociación Áurega e que se celebrará este sábado, día 8, nas instalacións do Auditorio municipal. Así o anunciou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que presentou o evento con Lara Caro e Begoña Ramos, vogal e secretaria, respectivamente, da citada entidade.
O evento desenvolverase entre as 17.00 e as 18.30 horas e a entrada é de balde. Da presentación do acto encargarase o presidente de Áurega, Marcos Castro, e a poñente será Miriam Fernández, cofundadora de Latento AACC.
A asociación Áurega é unha entidade sen ánimo de lucro de familias de nenas e nenos con altas capacidades, talentos e/ou inquedanzas intelectuais. O Concello organiza ao longo do ano varias charlas informativas dirixidas ao colectivo e en colaboración coa entidade, tal e como recordou Taibo. A edil naronesa animou ás veciñas e veciños a acudir a esta convocatoria, na que a maiores de presenciar a conferencia terán a oportunidade de solventar calquera posible cuestión vencellada ao traballo de Áurega.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal