Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA UNHA CAMPAÑA ESPECIAL DE VIXILANCIA PARA ERRADICAR OS VERTEDOIROS INCONTROLADOS
O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, recordou que este tipo de condutas implican unha sanción trala apertura dos pertinentes expedientes
Narón, 5 de febreiro de 2020. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego informou hoxe sobre o inicio dunha campaña especial de vixilancia impulsada polo Concello para controlar os vertedoiros incontrolados. O edil explicou que se implicarán nesta iniciativa axentes da Policía Local de Narón e tamén asociacións veciñais e entidades da cidade vencelladas ao medio ambiente. “O obxectivo final é erradicar e acabar cos vertedoiros incontrolados no termo municipal, para o que tamén solicitamos a colaboración cidadá ao considerar que o respecto e coidado do medio ambiente é responsabilidade de todas e todos nós”, asegurou. Galego indicou que nos últimos anos rexistrouse un descenso de puntos de vertedoiros incontrolados e alertou sobre os riscos que supoñen tanto para a natureza como para a saúde. “Estas escombreiras, máis pequenas e difíciles de detectar, proliferan en zonas pouco concorridas onde empresas e particulares verten residuos, a pesar do risco e perxuizo que se ocasiona con este tipo de condutas”, asegurou o edil. Ao respecto, e tras enumerar parte dos inconvintes e perigos máis destacados dos vertedoiros incontrolados –filtracións en augas soterradas e ríos, acumulación de substancias perigosas no chan, perigo de incendios…- Galego recalcou que “os incumprimentos da normativa vixente nesta área a nivel municipal serán denunciados, coa conseguinte apertura dun expediente sancionador no caso de cada unha das infraccións que se detecten. O concelleiro recordou algunhas das campañas que nos últimos meses se levaron a cabo na cidade co fin de sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre a importancia de coidar o medio ambiente e fomentar a reciclaxe, entre eles varias xornadas e actividades nas que participou persoal técnico e dirixidas a diferentes colectivos. En canto ao tema dos vertedoiros incontrolados recordou que se realizou un traballo de mapeo no municipio para detectar e localizar os puntos de vertedoiros incontrolados para, a continuación, facer unha retirada e clasificación dos residuos para entregalos nun xestor autorizado. Galego instou á veciñanza a facer uso dos servizos municipais, como o Punto Limpo de Río do Pozo ou o de recollida de voluminosos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal