Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DOS IES AS TELLEIRAS E TERRA DE TRASANCOS E DO COLEXIO DO FEAL PARTICIPARÁ EN OBRADOIROS DE REGUEIFAS IMPULSADOS DENDE O CONCELLO
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que esta actividade se organiza a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello
Narón, 6 de febreiro de 2020. Alumnos e alumnas dos institutos de As Telleiras e Terra de Trasancos participan nuns Obradoiros de regueifas impulsados a través da Concellería de Ensino, dirixida pola edil Mercedes Taibo. “Co obxectivo de dinamizar o emprego da lingua galega entre a mocidade o Servizo de Normalización Lingüística de Narón organizou estes obradoiros dirixidos a alumnado de ESO dos centros educativos da cidade”, explicou. No IES Terra de Trasancos desenvolveranse dous obradoiros e no IES das Telleiras xa se impartiron os catro que se programaron dende o Concello naronés. O pasado martes día 4 e o mércores 5 tiveron lugar os catro obradoiros para alumnado de segundo curso da ESO do instituto das Telleiras, que se impartiron para catro grupos e entre as 10.30 e as 14.10 horas. Así mesmo no IES Terra de Trasancos celebraranse dous obradoiros o vindeiro día 20 deste mes, tamén en horario de 10.30 a 14.10 e en dous grupos, un deles con alumnado de primeiro da ESO e outro de segundo curso. Taibo indicou que o Concello de Narón ofrece ao alumnado de ESO dos centros educativos do municipio a posibilidade de participar nestes obradoiros. A edil recordou que dende o primeiro ano no que se celebraron, o 2018, “máis de catrocentas alumnas e alumnos da cidade participaron nestes obradoiros, realizando unha valoración en xeral moi positiva e, que en moitos dos casos lles permitiu achegarse por vez primeira a este xénero de improvisación oral en verso no que priman o enxeño e a creatividade”. Dous recoñecidos regueifeiros da Asociación Oral de Galicia, Guadalupe Blanco e Óscar García encargáronse de impartir estes obradoiros, partindo dunha primeira explicación teórica e cun carácter moi práctico e dinámico que foi moi do agrado do alumnado que xa asistiu ás sesións, tal e como indicaron. A concelleira de Ensino avanzou que o colexio do Feal xa amosou o seu interese en que se impartan un ano máis no centro estes obradoiros de regueifas, se ben está previsto que se convoquen no último trimestre.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal