Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A "XVI MOSTRA DA CAMELIA CIDADE DE NARÓN" INAUGURASE MAÑÁ NO CENTRO COMERCIAL ODEÓN
O Concello organiza o evento en colaboración coa Asociación Galega da Camelia e o Centro Comercial Odeón, entre outras entidades
Narón, 7 de febreiro de 2020. O Centro Comercial Odeón acollerá mañá e o domingo a “XVI Mostra da Camelia Cidade de Narón”. O Concello organiza este evento en colaboración coa Asociación Galega da Camelia e do Centro Comercial Odeón. A montaxe da Mostra comezará mañá ás 9.00 horas nunha das plazoletas de Odeón e a partir das 13.00 o xurado comezará a valorar os lotes presentados polos concursantes ao “XII Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón”. A apertura ao público da Mostra será mañá ás 17.00 horas, coincidindo coa inauguración oficial da mesma e co acto de entrega de premios aos lotes que reciban maior puntuación. Haberá premios para a Mellor Camelia japónica, a Mellor Camelia reticulata, a Mellor especie de camelia, o Mellor híbrido de Camelia, a Mellor flor miniatura, o Mellor cultivador-expositor e a Mellor composición artística colectiva (este último dirixido a asociacións, entidades culturais…). Participan este ano cultivadores de camelios de Narón e comarca e tamén procedentes de A Coruña, Lugo, Pontevedra (de donde acudirá o grupo maioritario) e tamén doutras comunidades como Asturias e Cantabria. Na xornada do sábado, a Mostra poderá verse ata as 20.00 horas. O domingo reabrirase ás 11.00 horas, e ata as 18.00, momento da clausura, se ben ás 10.30 horas está programada unha visita aos xardíns de camelias de Abelardo Seoane, natural de Fene e socio fundador da Asociación Galega da Camelia, e tamén de Manuel Pico, secretario da entidade. As persoas que desexen acudir deben anotarse chamando ao número de teléfono 660 599 700 e reuniranse ás 10.00 horas na explanada da gasolineira de Fene para saír sobre as 10.15 cara ao xardín de Abelardo Seoane. Dende o Concello animaron á veciñanza a desprazarse a Odeón esta fin de semana para poder comprobar a calidade e variedade das flores que alí se poderán ver tanto mañá como o domingo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal