Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UN TOTAL DE VINTE ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA LOCAL PARTICIPARÁN NO "CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO"
UN TOTAL DE VINTE ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA LOCAL PARTICIPARÁN NO
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, recordou que as diferentes elaboracións poderán degustarse entre o 21 de febreiro e o 1 de marzo nos establecementos participantes
Narón, 13 de febreiro de 2020. Un total de vinte establecementos de hostalería da cidade participarán este ano no Concurso de Tapas de Entroido organizado polo Concello a través do Club Narón Gastronómico. Así o anunciou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, que recordou que esta cita gastronómica, xa consolidada na cidade, se desenvolverá dende o 21 de febreiro ata o 1 de marzo, podendo degustar neste período as diferentes elaboracións presentadas polos hostaleiros locais a este certame.
Os establecementos participantes na convocatoria deste ano son, tal e como indicou Pita, o restaurante A Roldana, a cervexaría Australian, Café Bar Ramil, Casa Sindo, a Estrela do Ponto, Gastrobar Piñeiros, La Cantina, La Continental, La Panadería, La Perfecta, La Salmantina, Mamá Flora, Mesón O Pío, Mestura, Novo O Tapeo, Nueva Orleáns, Nuevo Mercado, Os Cazadores, Silver e 3 Pés. “Nestes establecementos poderanse degustar diferentes elaboracións, doces ou salgadas, a base de produtos típicos do Entroido, nalgúns casos ao mediodía -12.00 a 14.00 horas- ou pola tarde -19.00 a 21.00- unicamente e noutros durante o mediodía e a tarde, según elixiron os propios hostaleiros”, explicou o edil.
Unha das novidades deste ano é que os establecementos tamén teñen a opción de ofrecer as tapas de balde á clientela coas súas consumicións ou cobrar un prezo que non poderá superar os tres euros.
No concurso de Tapas de Entroido haberá premios para os hostaleiros e tamén para a clientela que puntúe as tapas. Nos concedidos polo xurado experto en gastronomía para a valoración da cata a cegas haberá un primeiro premio de 400 euros, un segundo de 250 e un terceiro de 150 euros, todos eles con diploma e detalle conmemorativo. Os premios do xurado popular serán de 300 euros o primeiro, de 200 o segundo e de 100 o terceiro, tamén con diploma e detalle conmemorativo. Así mesmo, a clientela –por valorar as tapas nos establecementos- optará tamén a premios, xa que se sortearán tres ceas para unha persoa e acompañantes por un importe máximo de 150 euros nos establecementos clasificados en primeiro, segundo e terceiro posto e tamén se sortearán dous circuítos de Spa no Odeón Spa Center. O acto de entrega destes premios terá lugar o día 5 de marzo no Concello.
O edil de Promoción Económica agradeceu a implicación dos hostaleiros locais que se sumaron a esta iniciativa e animou ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a degustar as tapas que se servirán nos citados establecementos do 21 de febreiro ao 1 de marzo, “porque será unha gran oportunidade para coñecer de primeira man o excelente traballo que se realiza dende o sector hostaleiro da localidade, nesta ocasión da man dos participantes e con motivo do Entroido pero que podemos destacar a nivel xeral en todo o sector”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal