Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO ACOLLERÁ O VINDEIRO MARTES UNHA REUNIÓN INFORMATIVA COAS DIRECCIÓNS DOS CENTROS DE ENSINO E FAMILIAS SOBRE O PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN EN INFANTIL E PRIMARIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, animou ás familias a acudir para informarse sobre o procedemento e os centros e incidiu no feito de que o Concello continúa á espera de que a Xunta, tal e como se solicitou, atenda as necesidades de mantemento dos colexios
Narón, 14 de febreiro de 2020. O Auditorio municipal acollerá o vindeiro martes, día 18, a partir das 17.30 horas, unha reunión na que os directores e directoras dos centros de ensino públicos de educación Infantil e Primaria de Narón informarán ás familias sobre o proceso de escolarización na cidade. A alcaldesa, Marián Ferreiro, animou aos pais e nais con fillos en idade escolar a asistir a esta convocatoria, na que ademáis coñecerán os recursos dispoñibles en cada colexio, os proxectos educativos de cada un dos centros e poderán formular as cuestións que estimen oportunas sobre esta área. A rexedora local recordou que o Concello continúa á espera de que se atendan as demandas plantexadas o pasado mes de setembro pola alcaldesa, Marián Ferreiro, á conselleira de Educación, Carmen Pomar, no transcurso dunha xuntanza solicitada dende o goberno local á que tamén acudiu a edil responsable da área, Mercedes Taibo, e que se celebrou en Santiago. “Os centros de ensino de Narón precisan de importantes melloras nas súas instalacións que a Xunta de Galicia debe acometer con urxencia nalgún dos casos e dende o Concello, a pesar de non ter competencias directas sobre este tipo de intervencións, ofrecimos a nosa colaboración e a posibilidade de asinar un convenio para que os nenos e nenas de Narón poidan acudir a centros de ensino nas mellores condicións posibles”, subliñou. A alcaldesa asegurou que se continúa á espera da realización dende a dirección xeral de Educación dun informe no que se detallen as necesidades, en materia de melloras, dos centros de ensino da cidade, un compromiso adquirido pola propia administración autonómica, para valoralas e poder levar a cabo as actuacións pendentes. Así mesmo, dende o Concello ofrecéronse á Xunta os terreos precisos para a construción dun novo centro de ensino de educación Infantil e Primaria no Alto do Castiñeiro, unha necesidade que se plantexou en sucesivas ocasións á Consellería de Educación sen que polo momento fose atendida, tal e como lamentou Ferreiro. “As necesidades do Concello de Narón na actualidade son moi diferentes e é preciso que as familias teñan cubertas as necesidades actuais do alumnado e que a Xunta atenda esas competencias que lle son propias en lugar de pechar centros como é foi o caso da escola unitaria de Pedroso, que a pesares de pedir a reapertura para este curso, está pechada”, recalcou. Ferreiro instou á Xunta a atender as demandas de Narón e animou ás familias con fillos en idade escolar a asistir á reunión convocada a vindeira semana. “Dende o Concello continuaremos traballando para que as familias con fillos e fillas escolarizados na nosa cidade dispoñan de todos os recursos e instalacións necesarias”, concluíu a alcaldesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal