Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CHARLA NO IES TERRA DE TRASANCOS SOBRE "USO DAS REDES SOCIAIS" DIRIXIDA A FAMILIAS DE ALUMNADO DE CENTROS DA CIDADE
A iniciativa enmárcase no programa municipal "Fóra de xogo", sobre prevención de conductas adictivas, e inclúe tamén charlas no mes de marzo sobre "O xogo con apostas"
Narón, 17 de febreiro de 2020. O IES Terra de Trasancos acollerá mañá unha charla sobre “Uso das redes sociais” -17.30 horas- dirixida a familiares de alumnado dos colexios Jorge Juan, Ponte de Xuvia, Piñeiros, o CRA, O Feal e os institutos das Telleiras e Terra de Trasancos. A convocatoria correrá a cargo da pedagoga Anabel Mosquera e xa se realizou a pasada semana no colexio Virxe do Mar, dirixida a familias doutros centros de ensino da cidade, tal e como recordou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo. A edil indicou que a convocatoria se enmarca no programa municipal “Fóra de xogo”, sobre prevención de conductas adictivas e avanzou que terá continuidade o vindeiro mes de marzo. O Concello convoca esta xuntanza en colaboración coas Anpas dos diferentes centros educativos. A segunda charla que se impartirá –tamén Anabel Mosquera- no marco deste programa será sobre “O xogo con apostas”, e terá lugar o día 3 de marzo no colexio Virxe do Mar, para familias de alumnado dos centros Santiago Apóstol, A Gándara, Ayala, A Solaina e Virxe do Mar e o 10 de marzo no IES Terra de Trasancos, para o mesmo colectivo que a charla de mañá pola tarde no Auditorio. As familias, tal e como subliñou Taibo, recibirán información sobre os riscos de determinados tipos de conductas adictivas e como poder detectalas, para así evitar os riscos que supoñen, cada vez en idades máis temperás na sociedade actual.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal