Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE 1.500 PERSOAS PRESENTARON SOLICITUDES ÁS TRES CATEGORÍAS OFERTADAS A TRAVÉS DA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO
O concelleiro de Persoal e Recursos Humáns, Pablo Mauriz, explicou que o trámite seguinte é a publicación do listado provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso
Narón, 21 de febreiro de 2020. Un total de 1.460 persoas presentaron solicitudes ás tres categorías ofertadas a través da bolsa de emprego do Concello naronés, rematando o pasado día 11 o prazo de recollida das mesmas, tal e como recordou o concelleiro de Persoal e Recursos Humáns, Pablo Mauriz. Para a categoría de Conserxe (Grupo C2) recibíronse 400 solicitudes, para a de Administrativo (Grupo C1) 470 e as 590 restantes foron para a de Auxiliar administrativo (Grupo C2). Tanto para a categoría de Conserxe como para a de Auxiliar Administrativo requeríase o título de graduado en ESO, se ben para a de Administrativo era preciso o de Bacharelato ou técnico. Mauriz explicou que os trámites que se realizarán a continuación serán os de publicar (poderase consultar na Sede Electrónica do Concello) o listado provisional de persoas admitidas e excluídas neste proceso para cada unha das categorías para, a continuación, abrir un período no que poderán presentar reclamacións –no caso de consideralo oportuno- antes da publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos. Unha vez pechada esa lista procederase a realizar a valoración de cada unha das persoas que formarán parte da bolsa de emprego do Concello, explicou Mauriz.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal