Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E O EDIL DE PROMOCIÓN ECONÓMICA RECIBIRON HOXE NO CONCELLO Á NOVA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS FERROLTERRA
Marián Ferreiro e David Pita abordaron co presidente e integrantes da nova directiva de AEF varios asuntos vencellados ao sector empresarial da cidade
Narón, 5 de marzo de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, recibiron esta mañá no Concello á nova directiva da Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF), á fronte da que está o xerente da firma Priorauto, Ángel Torreiro Freire. O presidente de AEF, que releva no cargo ao tamén empresario José Ramón Franco, estará os dous vindeiros anos á fronte da citada entidade tralo nomeamento unánime da directiva de AEF. Torreiro acudiu á xuntanza coa alcaldesa e o edil naronés acompañado doutros representantes da directiva da Asociación de Empresarios de Ferrolterra, que completan na vicepresidencia Benjamín Teijeiro, Manuel Villadóniga e Carlos Moreira; Juan Rodríguez como secretario; José Manuel González, tesoureiro; Juan Luis Gómez, como contador e seis vogais: Juan José Feal, Santiago Cagiao, Enrique González, José Ramón Torreiro, Eugenio Eiranova e Nonito Aneiros. No transcurso da reunión abordáronse futuros proxectos vencellados ao sector empresarial na cidade, para os que dende o goberno local se amosou a disposición a colaborar. Nesta primeira toma de contacto coa nova directiva plantexáronse algunhas propostas de futuro e tamén se acordou convocar mesas de traballo con certa periodicidade nas que estean presentes representantes do Concello e do sector empresarial da cidade. Finalmente o presidente de AEF recibiu unha metopa do Concello a modo de agasallo institucional.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal