Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU ESTA MAÑÁ UNHA REUNIÓN EXTRAORDINARIA SOBRE AS MEDIDAS PREVENTIVAS ANTE O CORONAVIRUS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse cos responsables de varios departamentos para abordar a coordinación entre os mesmos nas áreas de información e prevención
Narón, 11 de marzo de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, mantivo esta mañá unha reunión na que tamén participaron os concelleiros de Seguridade Cidadá, Román Romero, e Sanidade, Santiago Galego, e responsables da Policía Local, do Speis e dos departamentos municipais de Persoal e Seguridade e Saúde Laboral, así como o Secretario Xeral do Concello, Alfonso de Prado. Na xuntanza, tal e como explicou Ferreiro, os asistentes intercambiaron información sobre o coronavirus e puxeron sobre a mesa diferentes medidas de prevención que poidan ser necesarias e tamén o xeito de coordinarse entre os diferentes departamentos a medida que evolucione o risco sanitario da primeira fase de contención do Covid-19, na que se atopa a nosa Comunidade Autónoma. Ferreiro explicou que dende o Concello enviarase unha circular aos Centros Cívicos Sociais e outras instalacións municipais (Pazo da Cultura, espazos deportivos, Biblioteca, Axencias de Lectura... etc.) coas medidas de prevención facilitadas dende os organismos con competencias en situacións de emerxencia sanitaria. Así mesmo, indicou que a través da páxina web e das redes sociais e canles públicas do Concello procederase a difundir información sobre que se debe saber sobre o coronavirus, teléfonos de información, que explicar aos rapaces e rapazas sobre o coronavirus e técnicas de lavado das mans, información que estará disponible nas instalacións dependentes da administración local. “Instalaremos expendedores de xel sanitario no Concello e noutras dependencias municipais, reforzaremos as medidas con cursos específicos para traballadores e tamén constituímos un grupo de coordinación municipal para tomar as medidas oportunas que adopten as entidades competentes na materia”, explicou Ferreiro, que subliñou que “o obxectivo é ofrecer un servizo público da mellor forma posible á cidadanía, partindo da coordinación dos diferentes departamentos e aplicando as medidas que se estipulen ao respecto no caso de que así se indique dende as autoridades sanitarias”. A alcaldesa incidiu na necesidade de que a cidadanía atenda as recomendacións que se están facilitando oficialmente sobre o coronavirus e recalcou que dende o Concello se continuará traballando sobre esas medidas preventivas e outras que poidan decretarse por parte de organismos supramunicipais con respecto a esta situación.
Descarga de archivos
Información xeral coronavirus
Tamaño:2,97 MB
Técnica de lavado de mans
Tamaño:2,65 MB
Información rapazas e rapaces sobre coronavirus
Tamaño:246,39 KB
Novo coronavirus
Tamaño:272,84 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal