Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A PLATAFORMA POLA REINDUSTRIALIZACIÓN DA COMARCA APRAZA A MANIFESTACIÓN CONVOCADA PARA O 15-M
A PLATAFORMA POLA REINDUSTRIALIZACIÓN DA COMARCA APRAZA A MANIFESTACIÓN CONVOCADA PARA O 15-M
Integrantes do colectivo reuníronse esta tarde no Concello de Narón e acordaron aprazar a convocatoria priorizando a saúde pública
Narón, 11 de marzo de 2020. Integrantes da plataforma pola reindustrialización da comarca reuníronse esta tarde, ás 17.00 horas, no Concello de Narón e acordaron aprazar a manifestación que estaba convocada para o vindeiro domingo, 15 de marzo, dende a Praza do Inferniño ata a Praza de Galicia. Dende o colectivo explicouse que “en vista da situación que vivimos nestes días polo coronavirus, adoptamos unha postura responsable e decidimos aprazar a manifestación polo menos os quince días preceptivos”.
Así mesmo, incidiuse en que se decidiu “dar prioridade á saúde pública sobre a situación de reivindicación comarcal” e recordouse que, a maiores da convocatoria aprazada “temos solicitadas reunións cos ministerios de Fomento, Industria e Transición Ecolóxica e imos continuar con ese traballo”.
Finalmente, apuntaron, “no menor tempo posible, sempre que sexa oportuno, convocaremos de novo esa manifestación comarcal”. Os sindicatos CIG, CCOO e UGT, vinte concellos da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal e a Confederación de Empresarios organizaron esta convocatoria. Representantes das citadas centrais sindicais, de administracións locais e de Cofer acudiron á xuntanza desta tarde en Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
 
Concello de Narón - Aviso legal