Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO CPI O FEAL PARTICIPOU ONTE NUNHA FASE DE ZONA DO CLUB DE DEBATE
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, acompañou aos rapaces e rapazas á iniciativa, celebrada en la localidad de Outes e impulsada a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello
Narón, 12 de marzo de 2020. A concelleira de Ensino de Narón, Mercedes Taibo, desprazouse onte ao concello de Outes para acompañar a alumnado de cuarto da ESO do CPI do Feal que participou nunha fase de zona do Club de Debate 2020 xunto con outros rapaces e rapazas de Negreira, Outes e Ferrol (un total de oito equipos) que debateron sobre o tema “É necesaria a monarquía no S.XXI”. A concelleira naronesa destacou o traballo realizado polo alumnado do Feal durante a convocatoria, aínda que non puido pasar á fase final, que se disputará o vindeiro 16 de maio en Santiago de Compostela para abordar o tema “O futuro do galego está en nós”. Participarán nesa fase rapazas e rapaces do grupo “O Canido”, do IES Canido de Ferrol (1º premio) e “As Sinerxéiticas” do IES Xulián Magariños de Negreira (2º premio). Esta edición do Club de Debate organízana conxuntamente os concellos de Narón, Ferrol, Ames, Negreira, Outes, Pontevedra, Redondela, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, a través dos seus servizos de Normalización Lingüística. “Trátase dun programa colectivo no que se incentiva aos participantes a falar en público, a amosar as súas dotes de oratoria e a usar o galego oral e o pensamento crítico entre a mocidade, fomentando a diversidade de opinións”, tal e como indicou Taibo. O Concello de Narón participou tamén nas edicións de 2016 e 2018 do Club de Debate, tal e como recordou a edil de Ensino.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal