Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ANUNCIA A IMPLANTACIÓN DE MEDIDAS DE CARÁCTER EXTRAORDINARIO SOBRE O PAGO DE TRIBUTOS E OUTROS INGRESOS XESTIONADOS POLO CONCELLO
Marián Ferreiro recordou que a situación xerada polo coronavirus está tendo un impacto económico negativo, polo que se estableceron medidas de carácter extraordinario e urxente para minimizar a carga fiscal á cidadanía
Narón, 26 de marzo de 2020. O Concello de Narón mantén unha serie de medidas de carácter extraordinario, aprobadas trala declaración do estado de alarma pola crise do coronavirus e relacionadas con procedementos que se tramitan dende os servizos de Facenda e Tesourería municipais. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que explicou que ata despois do 30 de abril non se dictarán providencias de prema, non se practicarán notificacións e tampouco se apobarán novas notificacións. Entre as medidas figuran tamén a suspensión da tramitación de expedientes de aprazamento e fraccionamento e o feito de que non se cargarán en conta as ordes de domiciliación dos prazos e fraccións dos aprazamentos e fraccionamentos xa concedidos (con vencemento inicial do 20 de abril) ata o 30 de abril, tal e como indicou. En canto aos prazos de pago con vencemento anterior ao día 30 do vindeiro mes (cando non rematasen o 18 de marzo) a rexedora local informou que se ampliarán ata esa data os correspondentes a pago en período voluntario de débedas tributarias, ben sexan de vencemento periódico e notificación colectiva ou liquidacións, e tamén os correspondentes a pagos resultado de acordos de aprazamento ou fraccionamento. As persoas que se atopen neste tipo de casos, apuntou, recibirán unhas novas cartas de pago no caso de que as que teñan estean caducadas e para aqueles casos de fraccionamentos ou aprazamentos, remitiranse tamén cartas de pago aos obrigados ao pago nos supostos de que se produzan devolucións das ordes de domiciliación. Non estarán afectados pola suspensión de prazos os correspondentes á presentación das declaracións e autoliquidacións tributarias. A maiores, a nivel xeral, o período comprendido entre o 18 de marzo e o 30 de abril de 2020 non computará a efectos dos prazos de caducidade e de prescripción, como tampouco contará nese mesmo prazo a efectos de duración máxima dos procedementos de aplicación dos tributos, sancionadores e de revisión tramitados polo Concello. Entre a batería de medidas aprobadas dende Alcaldía figuran ademáis outras como que os prazos para atender requerimentos, alegacións, solicitudes de información con trascendencia tributaria e para formular alegacións ante determinados actos ou de nulidade, así como a devolución de ingresos indebidos, rectificación de erros materiais e de revogación que non se comunicasen e non concluísen antes do 18 de marzo, que quedan ampliados ata o 30 de abril. Nos casos de que se comunicasen despois do 18 deste mes, amplíanse ata o 20 de maio. En relación ao calendario do contribuínte, os prazos de pago previstos inicialmente no calendario deste ano poderán modificarse previa valoración das repercusións que terá a crise sanitaria do Covid-19 nos tecidos económico e social, tal e como avanzou Ferreiro. O Concello suspendeu tamén o prazo para a presentación da declaración do Imposto sobre o Incremento de Valor de Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía) mentres estea en vigor o estado de alarma e as prórrogas decretadas polo Goberno central. A medida, de carácter extraordinario, adoptouse para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses da cidadanía. Así mesmo, tanto os prazos para presentar as restantes declaracións como as autoliquidacións tributarias non se verán afectados pola suspensión de prazos. Finalmente, a alcaldesa recordou que a atención ao contribuínte durante a vixencia do estado de alarma realizarase a través do correo electrónico: tesoureria@naron.es e a través do número de teléfono 981 337 700 (extensión 1408 para xestións de recadación e 1403 para as restantes cuestións do procedemento tributario: recursos, notificacións…). Ferreiro recordou que a situación xerada polo coronavirus “está tendo, a maiores das xa coñecidas repercusións en materia sanitaria, un impacto económico negativo entre veciñas e veciños da nosa cidade, afectando á actividade productiva, polo que dende o goberno local consideramos prioritario establecer esta serie de medidas de carácter extraordinario e de urxencia para minimizar a carga fiscal á cidadanía con aqueles tributos e outros ingresos que xestiona e recada o propio Concello”.
Descarga de archivos
Resolución Alcaldía
Tamaño:221,83 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal