Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO HABILITA UN ÁREA DE ASEO PARA OS TRANSPORTISTAS NO RECINTO DO ESTACIONAMENTO DE CAMIÓNS DO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
O CONCELLO HABILITA UN ÁREA DE ASEO PARA OS TRANSPORTISTAS NO RECINTO DO ESTACIONAMENTO DE CAMIÓNS DO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que se están ultimando os traballos para que poida estar operativa mañá pola tarde
Narón, 30 de marzo de 2020. O Concello de Narón ultima os traballos que permitrán poñer en marcha, previsiblemente mañá pola tarde, unha zona de aseo para transportistas no polígono de Río do Pozo. A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou que se instalarán dúas casetas móbiles, unha con doce duchas –seis para mulleres e seis para homes- e outra con aseos e lavabos, co fin de ofrecer este servizo na cidade, máis concretamente na parcela para estacionamento de camións localizada no citado parque empresarial da cidade. “Esta mesma mañá estívose traballando para dotar á parcela de subministro de auga e electricidade, co fin de poñer en marcha canto antes un servizo que está demandando o colectivo de transportistas nestes momentos e co que queremos colaborar dende o Concello”, explicou Ferreiro.
“O estacionamento de camións está moi preto das instalacións da plataforma loxística que a empresa Lidl ten no mesmo polígono industrial, unha elección que non foi casual porque dende as instalacións da citada empresa subminístranse as tendas que a cadea ten en Galicia, Asturias e León”, indicou Ferreiro. Xunto coa citada empresa, tamén se localizan outras que permanecen abertas durante o estado de alarma, como as de repostaxe de combustible, entre outras. “O polígono rexistra unha considerable afluencia de camións no día a día, mermada estes días ante a crise do Covid-19 pero que entendemos que prestará un servizo moi necesario e complementario ao do estacionamento de camións a un colectivo, o dos transportistas, que tamén está realizando un traballo fundamental para que todas e todos nós dispoñamos dos recursos básicos”, explicou a rexedora local.
Así mesmo, en canto ao mantemento da zona de aseo a alcaldesa subliñou que, con motivo das medidas sanitarias para a prevención do coronavirus, “contarán con servizo de limpeza e desinfección tres veces ao día, pola mañá, ao mediodía e pola noite, para poder ofrecer aos usuarios e usuarias das mesmas todas as garantías sanitarias que requiren este tipo de instalacións”.
O estacionamento de camións construído hai algo máis dunha década nunha parcela de titularidade municipal duns 12.000 metros cadrados no polígono de Río do Pozo –na terceira fase- dispón de algo máis de medio cento de prazas para camións e dun centenar máis para turismos e outros vehículos. O Concello destinou no seu día unha partida próxima aos 300.000 euros para acondicionar este espazo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal