Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PERSOAL DO SPEIS E VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL AXUDAN EN DIFERENTES TAREFAS A ALGO MÁIS DE MEDIO CENTO DE PERSOAS DA CIDADE
PERSOAL DO SPEIS E VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL AXUDAN EN DIFERENTES TAREFAS A ALGO MÁIS DE MEDIO CENTO DE PERSOAS DA CIDADE
Realizar a compra de alimentos e transportalos aos domicilios, así como os medicamentos ou a comida do comedor social do Centro de Maiores das Vivendas da Mariña son algunhas das súas funcións, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 1 de abril de 2020. Persoal do Speis e do equipo de voluntarios de Protección Civil de Narón, ao que se sumaron nos últimos días veciñas e veciños a título particular, atende na actualidade a algo máis de medio cento de persoas do municipio. Persoas maiores e/ou con algún grao de dependencia integran o colectivo ao que se presta atención en diferentes áreas e previa solicitude telefónica do mesmo. “A maior parte das demandas que se están recibindo son para solicitar axuda para facer e transportar a compra aos domicilios particulares, levarlles medicamentos e tamén comida a domicilio a través do comedor social do Centro de Maiores das Vivendas da Mariña que reabriu o pasado día 23 de marzo”, explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro.
Dende hoxe o equipo ampliará as súas funcións. Así o avanzou a rexedora local, que explicou que “esta mesma tarde comezarán a colaborar con Cáritas, que se encargará de entregar alimentos ás familias con menos recursos nas parroquias do Alto e Santa Icía”. O labor dos voluntarios consistirá, tal e como indicou “en organizar o reparto á hora da recollida, de modo que as persoas ás que se lles realizará a entrega manteñan as medidas de seguridade impostas tralo decreto do estado de alarma, concretamente gardar a distancia requerida entre uns e outros para garantir a súa seguridade”.
O traballo dos voluntarios e voluntarias tamén inclúe estes días a colaboración cunha familia na que un dos seus integrantes ten problemas de saúde e dispón dun certificado médico para saír a dar un paseo unha vez ao día, asegurou a alcaldesa, que recordou que comezaron a acompañalo esta mesma semana.
As persoas que desexen incorporarse ao equipo de voluntarios de Narón, integrado na actualidade por unha vintena de persoas, ou requerir os seus servizos ante a crise do coronavirus, poden facelo dirixíndose ao número de teléfono: 647 622 245.
Así mesmo, e en relación aos servizos municipais, Ferreiro recordou que dende o departamento do Servizo Sociocomunitario do Concello se continúan entregando vales para comida ás familias con escasos recursos e tamén se pode solicitar comida a través do comedor social do Centro de Maiores das Vivendas da Mariña. Para este último caso é preciso realizar previamente unha encarga chamando cun día de antelación, entre as 10.00 e as 16.00 horas aos números de teléfono 671 383 596 ou 671 383 575. “Os sistemas de preparación e entrega funcionan todos os días da semana e cumpren con todas as medidas sanitarias requeridas nesta situación, debendo respectar os usuarios e usuarias os turnos que se lles asignan para as recollidas”, asegurou Ferreiro.
A alcaldesa destacou a importancia do labor “que día a día están facendo o Speis e o equipo de Protección Civil de Narón e tamén as voluntarias e voluntarios que se sumaron ao mesmo, así como o de tantas persoas que durante o estado de alarma seguen en primeira liña cubrindo os servizos básicos para que a poboación estea atendida en todo momento nesta crise do Covid-19”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal