Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O INE TRASLADA AOS CONCELLOS NOVAS INDICACIÓNS PARA SOLICITAR OS CERTIFICADOS DE EMPADROAMENTO PARA ACOLLERSE Á MORATORIA HIPOTECARIA
As persoas que precisen o documento dispoñen de tres opcións para solicitalo a través da Sede Electrónica do Concello ou de dúas direccións de correo electrónico
Narón, 3 de abril de 2020. O Instituto Nacional de Estatística anunciou a través do Consello de Empadroamento unha serie de cambios sobre as indicacións iniciais para tramitar dende os concellos os certificados de empadroamento para acollerse á moratoria do pago das cotas hipotecarias durante o estado de alarma. Unha das opcións é con firma ou certificado de firma electrónica, caso no que os trámites poden relizarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón –cun acceso dende a web municipal: www.naron.es-. Ao acceder ao Catálogo de Servizos débese seleccionar o apartado de Trámites xerais, para seleccionar a opción Solicitude xenérica (TX-01), donde se deben achegar como documentación anexa os DNI das persoas maiores de idade que figuran como empadroadas nese domicilio. Así mesmo, tamén se pode tramitar enviando un correo electrónico aos enderezos: f.castro@naron.es ou m.yanez@naron.es, donde deben achegar unha copia comprimida e cifrada con contrasinal do DNI, pasaporte, libro de familia ou calquera outro documento acreditativo (escaneado ou en formato imaxe) das persoas empadroadas no citado domicilio. Para comprimir e cifrar o documento pódese consultar o vídeo: https://youtu.be/SCaBMX19if4). A continuación, nun segundo correo deben achegar a contrasinal utilizada no procedemento para que que os servizos administrativos poidan acceder aos documentos acreditativos da identidade. Outra das opcións habilitadas para obter o certificado de empadroamento é enviar aos enderezos electrónicos f.castro@naron.es ou m.yanez@naron.es un escrito asinado polo solicitante do documento e por todos os maiores de idade que figuren empadroados nese domicilio aportando os seguintes datos: nome e apelidos de todos os interesados; número de DNI, pasaporte, etc; enderezo de empadroamento e motivo da solicitude. No caso de elixir esta opción, os interesados poden utilizar os modelos de solicitude dispoñibles para descarga na web: www.naron.es (Instancia Xenérica ou modelos S-EST-03 e S-EST-02) ou solicitar o seu envío a calquera dos correos antes citados. Finalmente, unha vez comprobada a identidade dos solicitantes, o Concello remitirá por correo electrónico o certificado solicitado nun documento cifrado, cuxa contrasinal enviarase nun correo aparte. (O vídeo para descomprimir e descifrar o documento pódese ver no seguinte enlace: https://youtu.be/lWZM_4B4F6w).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal