Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AXENTES DA POLICÍA LOCAL E NACIONAL REPARTIRÁN 8.000 MASCARILLAS ENTRE USUARIAS E USUARIOS DOTRANSPORTE PÚBLICO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, informou que o Comisario de Ferrol-Narón, Jorge Manuel Rubal, informou hoxe da chegada das mascarillas entregadas polo Goberno central
Narón, 12 de abril de 2020. O Concello de Narón repartirá 8.000 mascarillas entregadas polo Goberno central entre usuarias e usuarios do servizo de transporte público no termo municipal. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que explicou que o comisario de Ferrol-Narón, Jorge Manuel Rubal, informou sobre a chegada das mascarillas. A rexedora local indicou que axentes da Policía Local da cidade colaborarán con outros da Comisaría de Ferrol-Narón nas tarefas de reparto, que se levarán a cabo a partir de mañá luns. “Os axentes da Policía Local de Narón e da Policía Nacional organizaron xa o traballo previsto para estas dúas xornadas, nas que entregarán cada un dos Corpos 4.000 unidades por diferentes zonas”, avanzou Ferreiro. As mascarillas de protección respiratoria que se entregarán son as do modelo FFP1. A maiores desta entrega dende o Concello de Narón tamén se continuarán entregando a vindeira semana a particulares os cubrebocas realizados por persoal voluntario e que reparte persoal de Protección Civil. Esta última iniciativa enmárcase na campaña “Usando o cubrebocas, eu protéxote, ti protéxesme”, para promover a autoprotección da veciñanza. Nunha primeira tanda, xa se iniciou a pasada semana a entrega dos primeiros 5.000 cubrebocas dispoñibles.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal