Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINA 532.000 EUROS A CONVENIOS CON 14 ENTIDADES DEPORTIVAS
Permitirán financiar actividades deportivas durante este ano 2009.
Narón, 17 de Abril de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e os presidentes de 11 entidades deportivas do municipio firmaron hoxe os convenios de colaboración para a realización de actividades de fomento e promoción do deporte durante este ano 2009. Acompañados pola Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, asistiron os responsables dos seguintes clubes deportivos: -Club Atletismo Sierra Narón (importe convenio: 26.000€) Deporte: atletismo -Asociación Deportiva Santiago Apostol (15.000€) Deporte: baloncesto -Club Balonmán Narón (28.000€) Deporte: balonmán -Club Narón Balompé Piñeiros (150.000€) Deporte: fútbol -Club Cidade de Narón (104.000€) Deporte: fútbol sala -Sociedade Deportiva O Val (42.000€) Deporte: fútbol -Escola Superior de Kárate (14.000€) Deporte: kárate -Asociación Deportiva Náutico de Narón (30.000€) Deporte: natación -Club de Remo de Narón (8.000€) Deporte: remo -Club Tenis de Mesa Cidade de Narón (12.000€) Deporte: tenis de mesa -Club Deportivo Aldebarán (6.000€) Deporte: boleibol Coa firma destos acordos, o Concello destina 435.000 euros ó apoio do deporte local, nas seguintes disciplinas: fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, balonmán, remo, tenis de mesa, kárate, natación, e boleibol. En vindeiras datas, o Concello asinará outros convenios con entidades deportivas, ata chegar ós 532.000 euros de subvención total. O presidente do Club Deportivo Aldebarán, adicado a este último deporte, agradeceu ó Concello o seu esforzo polo apoio ós deportes, en especial ás especialidades deportivas minoritarias coma o boleibol. O Alcalde, Jose Manuel Blanco, asegurou que “é unha satisfacción continuar mantendo unhas actividades que resultan imprescindibles para a sociedade, como son as deportivas. A pesares de que vivimos nunha época de crisis, a situación económica do Concello permítenos continuar apoiando o deporte, e integrar deste xeito ó Concello nas actividades deportivas”, engadiu. Pola súa banda, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, explicou que este ano o Concello tentou “apurar ó máximo a firma dos convenios cos clubes deportivos, porque sabemos que lles costa saír adiante xa que a situación é difícil tamén para os patrocinadores e empresas privadas”, comentou. A Edila aproveitou para agradecer ó máximo “o esforzo que os clubes fan cos nenos e nenas para a práctica do deporte”, dixo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal