Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SOLICITA COLABORACIÓN CIDADÁ PARA DOAR ALIMENTOS E AXUDAR ÁS FAMILIAS MÁIS VULNERABLES
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que para a entrega das doazóns se debe chamar antes aos teléfonos 881 308 349 e 722 724 782 co fin de cumprir con todas as indicacións de seguridade e sanitarias
Narón, 13 de abril de 2020. O Concello de Narón informou da complicada situación que nestes momentos están atravesando moitas familias da cidade. Co fin de incrementar as vías de soliedariedade e axudar ás persoas en situación de vulnerabilidade, dende o goberno local estableceuse un operativo en colaboración con Protección Civil para facilitar ás familias que o precisen alimentos e roupa a través do Centro de Recursos Solidarios de Narón, ubicado nun local anexo á nave do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. A alcaldesa, Marián Ferreiro, solicitou ás persoas que poidan contribuír a doar “na medida das posibilidades de cada un, sobre todo alimentos, dado que é o que máis se precisa nestes momentos nos que hai persoas que están atravesando unha situación económica complicada”. As persoas que poidan aportar alimentos de calquera tipo (leite, galletas, cacao, café, legumes, pasta, conservas…) poden facelo chamando antes ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, aos números de teléfono 881 308 349 e 722 724 782. “Persoal de Protección Civil indicaralles a hora na que poden ir a levar os alimentos, que tamén no caso de ser necesario se poderían ir recoller aos domicilios particulares, para evitar que a xente se agrupe nas citadas instalacións e cumprir así as recomendacións sanitarias e de seguridade para a prevención do coronavirus”, explicou Ferreiro. A entrega de alimentos xestionarase a través do Servizo Sociocomunitario Municipal, dende donde se derivarán aqueles casos nos que sexa preciso recibir axuda, tal e como se fai habitualmente. “O Centro de Recursos Solidarios de Narón continúa tamén recollendo roupa e outros produtos que se queiran doar, pero nestas datas será prioritaria a entrega de alimentos, para así axudar a cubrir as necesidades básicas das persoas que o precisen”, indicou a rexedora local.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal