Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO DIFUNDIRÁ INFORMACIÓN SOBRE AS MEDIDAS A CUMPRIR EN SAÍDAS CON MENORES E REFORZARÁ A VIXILANCIA E AS TAREFAS DE DESINFECCIÓN
O CONCELLO DIFUNDIRÁ INFORMACIÓN SOBRE AS MEDIDAS A CUMPRIR EN SAÍDAS CON MENORES E REFORZARÁ A VIXILANCIA E AS TAREFAS DE DESINFECCIÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, apelou á colaboración cidadá para cumprir con todas as indicacións contempladas no decreto do estado de alarma
Narón, 24 de abril de 2020. O Concello de Narón difundirá cartelería coas obrigas que deberán cumprir as familias que a partir do vindeiro domingo, día 26, saian á rúa cos seus fillos e fillas, tal e como se permitirá tras anuncialo o Goberno central. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que se informará sobre estas obrigas no termo municipal co fin de que todas as persoas estean ao corrente das normas que se deben cumprir nas saídas cos menores. A rexedora local anunciou tamén que se aplicará “un plan específico de control das citadas medidas e que desenvolverán conxuntamente axentes da Policía Local de Narón e da Policía Nacional para velar polo cumprimento das mesmas”.
No documento informativo recórdase que poderán saír nenas e nenos de 0 a 14 anos que non teñan síntomas de coronavirus o estén en cuarentena, sendo obrigatorio respectar o horario establecido, de 9.00 a 21.00 e dunha hora como máximo de duración. Así mesmo, explícase que cada persoa adulta poderá estar acompañada como máximo por tres menores que residan no mesmo domicilio e que o desprazamento dende este último será dun quilómetro como máximo. Os parques infantís e as instalacións deportivas continúan pechados ao público, polo que non se poderán utilizar os elementos de xogo, debendo levar as nenas e nenos os seus propios xoguetes no caso de consideralo oportuno. Por último, incídese no feito de que os menores non poderán estar a unha separación inferior a un ou dous metros doutros menores.
“Co reparto deste material contribuiremos a manter informados aos nosos veciños e veciñas, recordándolles a obrigatoriedade de cumprir as medidas establecidas para que a partir deste domingo os nenos e nenas ata 14 anos poidan saír un tempo á rúa”, apuntou Ferreiro.
A maiores a rexedora local anunciou que “dende hoxe reforzaranse tanto os traballos de baldeo como os de desinfección nas prazas da cidade, que poderán frecuentar os menores, atendendo á previsión do aumento da concurrencia de persoas nestes espazos públicos, para que tanto a superficie do chan como os elementos de mobiliario urbán (bancos, papeleiras…) ofrezan todas as garantías sanitarias ás nosas veciñas e veciños para previr a propagación do coronavirus”. Continúase tamén, recordou, co traballo de atomización que nestes espazos se realiza dende o Concello con dous tractores municipais tras decretarse o estado de alarma, así como coa aplicación doutras medidas de limpeza e desinfección na zona urbana e rural do termo municipal.
Ferreiro solicitou ás veciñas e veciños “a máxima colaboración no cumprimento de todas as medidas establecidas para que entre todas e todos poidamos continuar avanzando para retomar pouco a pouco as nosas anteriores rutinas diarias e con tódalas garantías precisas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
 
Concello de Narón - Aviso legal