Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALA MAMPARAS DE PROTECCIÓN FRONTE Á COVID-19 NAS ESTANCIAS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE VARIOS EDIFICIOS MUNICIPAIS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, incidiu no feito de que a medida completará ás xa aplicadas para garantir a seguridade das traballadoras e traballadores e tamén das persoas que a medida que avance o proceso de desescalada se acheguen a dependencias municipais para realizar algún trámite
Narón, 29 de abril de 2020. A maiores das medidas de urxencia que se adoptaron para a protección do persoal que traballa nos servizos esenciais de xeito presencial, en Narón comezáronse a instalar mamparas de protección fronte á Covid-19 en varias dependencias municipais nas que os funcionarios e funcionarias atenden á veciñanza ou retomarán a súa actividade a medida que se avance no proceso de desescalada das restricións impostas tras decretarse o estado de alarma e se vaian reabrindo os edificios municipais. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asegurou que “este tipo de medidas de protección colectiva súmase á dos EPIs e outros materiais (luvas, xeles, mascarillas…) que xa está implementada e responde a unha necesidade para ofrecer ás traballadoras e traballadores que están en postos de atención directa á veciñanza todas as garantías sanitarias para poder realizar o seu labor naqueles servizos que non se poidan prestar a distancia”. Ferreiro explicou que as mamparas de protección, de policarbonato transparente, ubicaranse en dependencias do propio edificio do Concello, da Biblioteca Municipal, do Pavillón polideportivo da Gándara, da nave de Servizos Externos, do Pazo da Cultura e da Aula de Lectura da Casa da Mocidade, na Gándara. “En conxunto, os traballos suporán un investimento duns 12.000 euros, unha contía destinada a reforzar a seguridade tanto das traballadoras e traballadores municipais como daquelas persoas que se desprazen, en canto sexa posible, a realizar trámites presenciais ás citadas dependencias municipais, porque con estas mamparas poñemos en marcha unha nova medida para frear a propagación do coronavirus evitando a posibilidade de contaxios”, indicou a alcaldesa. No Concello estase ultimando a instalación da mampara do Rexistro (no andar baixo), e colocaranse tamén nos mostradores de atención ao público do resto de andares, no mostrador do Catastro (tamén no andar baixo) e nos postos de atención individualizada do Servizo Sociocomunitario (no primeiro andar e na entreplanta). Así mesmo, tamén disporán de mamparas de protección os mostradores de atención ao público e control de acceso da Biblioteca municipal, o de atención ao público de sala xeral e préstamo e o da sala infantil (andar inferior), nas citadas instalacións. No pavillón polideportivo da Gándara as mamparas estarán nos mostradores de atención ao público dos andares baixo e alto; na nave de Servizos Externos da estrada de Cedeira no mostrador de atención ao público; no Pazo da Cultura nos postos de atención individualizada, incluíndo dúas mesas para as inscricións, e na Aula de Lectura da Casa da Mocidade, na Gándara, no posto de atención ao público de sala e préstamo. “A instalación das mamparas permítenos anticiparnos ao proceso de desescalada para que a medida que o confinamento sexa menos restrictivo ofrecer á cidadanía os diferentes servizos coas máximas garantías de protección persoal, compatibilizando o teletraballo coa atención presencial”, recalcou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal