Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLAN DE EMPREGO EXPERIMENTAL LOGRA INSERTAR Á MAIORÍA DOS SEUS ALUMNOS/AS
Formáronse nas especialidades de manipulador de alimentos, carretilleiro, e prevención de riscos laborais
Narón, 16 de Abril de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Paloma González Cuevas, entregaron hoxe os diplomas ós alumnos do Plan de Emprego Experimental Construnar 09, promovido polo Concello. Este programa foi deseñado especificamente atendendo ás demandas dos empresarios da comarca, e dos propios usuarios/as do plan. Deste xeito, o Concello promoveu un total de tres cursos (manipulador de alimentos, carretilleiro, e prevención de riscos laborais) que foron seguidos con éxito por 33 persoas. Todas elas están xa traballando, segundo recordou hoxe a responsable de Formación Laboral, Paloma González Cuevas. A edil explicou que o compromiso do Concello coa Xunta (quen financia parte do programa) era acadar unha inserción laboral do 20% dos alumnos, algo que superouse con creces. Nestos intres, a porcentaxe de inserción é do 66%, xa que inicialmente seleccionáronse 50 persoas –preferentemente mulleres, e persoas pertencentes a sectores que estean sufrindo a crise, coma a construcción-. O programa contou cun orzamento total de 47.500 euros (36.000 euros aportados pola Consellería de Traballo, e os 11.500 euros restantes os aportou o Concello de Narón). Os cursos comenzaron o 1 de decembro de 2008, e rematarán o 31 de xullo deste ano.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal