Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL NO PLENO PARA AGRADECER O COMPORTAMENTO DA CIDADANÍA E O LABOR DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DURANTE O ESTADO DE ALARMA
No documento valórase o comportamento da socidade naronesa e do persoal que día a día traballa para manter operativos os servizos esenciais
Narón, 1 de maio de 2020. A corporación local deu onte luz verde no pleno a unha declaración institucional pola Covid-19. A sesión desenvolveuse a partir das 19.00 horas por vía telemática, a segunda con carácter mensual tras decretarse o estado de alarma, coa presencia no Concello da alcaldesa, Marián Ferreiro, o secretario e a interventora municipais. O goberno local celebrou tamén no mes de marzo e abril as xuntas de portavoces por videoconferencia e en abril as comisións informativas. Na declaración institucional os grupos políticos da corporación local recoñeceron o labor da cidadanía de Narón, polo seu comportamento “de maneira excepcional durante o período do estado de alarma atendendo ás medidas e recomendacións de modo xeral no Concello”. No documento agradécese á sociedade naronesa “polo exemplo que está a dar na situación de alerta sanitaria pola pandemia da Covid-19”, ao tempo que se fai un chamamento para que continúe cumprindo as normas establecidas polo Goberno central ao respecto. Finalmente, a corporación agradece o traballo esencial que realiza o persoal do Concello e tamén traballadoras e traballadores externos “que están a facilitar a diario o día a día dende un punto de vista social, asistencial e administrativo”. No pleno aprobouse ademais unha moción sobre medidas do sector do mar, gravemente afectado pola crise do coronavirus, presentada polo BNG. No documento, que contou co respaldo do goberno local, reclámase a implicación da Consellería do Mar, por ter competencias no asunto, para utilizar os fondos de pesca da UE e declarar a paralización das actividades de marisqueo a pé, a flote ou a mergullo e tamén a posta a disposición das Confrarías, por parte da Xunta, de axudas que permitan garantir a súa actividade normal unha vez rematado o estado de alarma. Entre as medidas está tamén a formulada ao Goberno central, para reclamar a rebaixa do umbral para acceder ás axudas por peche.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal