Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA MAÑÁ UNHA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE ALIMENTOS E PRODUTOS DE HIXIENE
As doazóns poderán realizarse ata o vindeiro sábado día 9, incluído, en catorce establecementos da cidade, tal e como explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 3 de maio de 2020. O Concello de Narón iniciará mañá luns unha campaña de doazón de alimentos e produtos de hixiene na cidade. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que esta iniciativa se levará a cabo coa colaboración de diferentes establecementos de alimentación e persoal voluntario de Protección Civil. “Ás medidas que temos implantadas dende que se decretou o estado de alarma para axudar ás familias máis vulnerables sumamos esta campaña a través da que as doazóns realizadas se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón para que distribúa os alimentos e produtos de hixiene máis demandados entre as familias que os precisen nestes momentos”. As persoas que poidan contribuír na campaña, que se desenvolverá dende mañá ata o vindeiro sábado, día 9 (incluído) poden realizar doazóns nos supermercados das cooperativas do Val (no Val e en Xuvia) e Meirás (San Mateo), nos Covirán de Xuvia e O Alto, no Dia do Ponto, xunto aos Froiz de Freixeiro, Santa Icía, A Gándara e o Centro Comercial Narón, nos Gadis da estrada de Cedeira e Santa Icía, no Familia de Santa Icía e no Eroski da Gándara. “Entre as 10.00 e as 14.00 horas persoal voluntario de Protección Civil estará debidamente identificado nestes establecementos para informar ás veciñas e veciños dos alimentos e produtos de hixiene que máis demanda teñen en cada momento, co fin de que as persoas que poidan colaborar entreguen en cada un deses puntos de doazón eses alimentos ou produtos en concreto e para atender deste xeito con máis precisión as necesidades que se vaian detectando entre as familias ás que se entregarán dende o Centro de Recursos Solidarios”, apuntou a alcaldesa. “Queremos agradecer de antemán a implicación das persoas voluntarias que durante a vindeira semana estarán nestes supermercados para informar ás veciñas e veciños das necesidades que se vaian rexistrando e recollendo todas as doazóns, cuxos alimentos e produtos variarán en función do establecemento, e tamén a colaboración dos citados establecementos de alimentación”, recalcou Ferreiro. A alcaldesa agradeceu tamén “a implicación que as naronesas e naroneses amosan cada vez que se organiza unha campaña deste tipo, colaborando nas medidas das súas posibilidades para axudar ás persoas que máis o precisan”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal