Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EMPRESA COSMA EXECUTARÁ A AMPLIACIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO NOS LUGARES DE FERRERÍAS E PRADOS
A alcaldesa da cidade e presidenta do Consello de Administración de Cosma, Marián Ferreiro, explicou que a intervención permitirá dotar do servizo a unhas sesenta vivendas
Narón, 14 de maio de 2020. A alcaldesa da cidade e presidenta da do Consello de Administración da empresa Cosma, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá a reunión do citado organismo, na que os representantes dos grupos políticos –a excepción de Ferreiro, do edil de Servizos, Ibán Santalla e do Secretario Xeral do Concello, Alfonso de Prado- asistiron de forma telemática. A convocatoria comezou ás 13.00 horas e na mesma informouse sobre o proxecto da ampliación da rede de abastecemento na zona de Ferrerías-Prados. Os traballos, indicou a presidenta de Cosma, “executaranse na estrada provincial DP-5404 de xeito simultáneo aos das obras de saneamento –que se iniciarán próximamente- no mesmo tramo do citado vial, o que suporá un importante aforro ás arcas locais e facilitará a posta en servizo do abastecemento nesa zona do termo municipal”. As obras iniciaranse nas vindeiras semanas nos lugares de Ferrerías e Prados, nun tramo que nestes momentos carece de servizo de abastecemento. “Unha vez executada esta intervención, poderase dar servizo a preto de sesenta vivendas localizadas nesa zona do concello”, avanzou Ferreiro. O prazo de execución destes traballos é de catro meses. “Dende o goberno local continuamos apostando por implantar os servizos de abastecemento e saneamento en todo o termo municipal, destinando importantes partidas a este tipo de actuacións tal e como viñemos facendo nos últimos anos”, recalcou a presidenta de Cosma. “No plan de investimentos de Cosma para as anualidades comprendidas entre 2018 e 2023 contemplamos actuacións valoradas en 2,6 millóns de euros, contías que nos permitirán ampliar a rede de saneamento na zona rural, reforzala en determinados tramos da zona urbana e tamén renovar as redes en estradas como a do Feal”, recordou Ferreiro, que subliñou que “nesa liña estamos traballando e continuaremos facéndoo nos vindeiros anos para dar cumprimento aos compromisos adquiridos”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal