Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REANUDA A CONTRATACIÓN DE OBRAS NA ZONA URBANA E RURAL ORZAMENTADAS EN PRETO DUN MILLÓN DE EUROS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que os traballos permitirán mellorar viais e camiños da zona urbana e rural, accesibilidade e ampliar a rede de saneamento
Narón, 15 de maio de 2020. O Concello reanudou o proceso de contratación de varias obras proxectadas na zona urbana e rural do municipio valoradas, en conxunto en 952.285 euros. “Trátase dun investimento moi importante que nos permitirá dotar de melloras e novos servizos a varios núcleos do termo municipal, continuando na liña de traballo para acondicionar viais, ampliar a rede de saneamento e tamén seguir avanzando en materia de accesibilidade”, explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro. En canto aos viais, avanzou, procederase a reforzar a rodadura de camiños da zona rural, localizados nas parroquias de Castro, San Xiao, O Val, Pedroso, Sedes, San Mateo e Doso. Trátasde dunha intervención orzamentada en 241.402 euros e que se cofinanciará con cargo ao POS adicional 2019 da Deputación da Coruña. Con cargo a esta mesma actuación tamén se mellorará o acceso á estrada de Cedeira e viais como o de Cerrallón de Abaixo, Río Deza, A Chousa, en Piñeiros e o camiño de Calvario en Santa Icía, na zona urbana do municipio. A ampliación da rede de saneamento nos lugares de Ferrerías e Prados é outra das actuacións sobre as que se reanuda o proceso de contratación. Neste caso, tal e como indicou Ferreiro, trátase duns traballos que suporán un investimento de 554.236 euros, unha contía, “coa que se procederá a instalar un colector nesa zona para ofrecer o servizo a algo máis de 70 vivendas”, recordou Ferreiro. Noutro lote de obras, e a cargo da empresa Cosma, neste mesmo tramo procederase a instalar a rede de abastecemento, tal e como xa avanzou o Concello, para dotar do servizo a unhas sesenta vivendas localizadas nas inmediacións da estrada DP-5404. As obras encamiñadas a mellorar a accesibilidade no termo municipal forman tamén parte das que se reanudará o proceso de contratación. Nesta área levaranse a cabo nos vindeiros meses os traballos de mellora de accesibilidade na rúa da Paz, na zona do Alto, e na rúa Mugardos, na Gándara. Estas actuacións suporán un desembolso de 54.449 e 102.198 euros, respectivamente, ás arcas locais. “En canto remate o proceso de contratación comezarase a execución destas obras, que estarán rematadas antes de finais de ano e que se completarán con outros proxectos que se irán impulsando a través do goberno local”, apuntou a alcaldesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal